Durante o Nadal, Faiuco fíxonos chegar outra carta dende o espazo, a través dun dos seus emisarios. Dicía o seguinte:
Hola nenos e nenas!
Son o voso amigo Faiuco de novo!
Sigo de viaxe polo espazo. Pronto comezarei a coñecer os
diferentes planetas, o sol e a lúa. Pero antes necesito que me axudedes a
resolver unha dúbida.
Dende a miña nave podo ver todas as estrelas, pero fai pouco
tempo vin unha cousa moi curiosa. Tres
señores subidos nuns animais moi extraños perseguían unha desas estrelas, unha
moi fermosa e especial.
Propóñovos a primeira
misión: Saberiades
dicirme quenes son eses 3 señores? Como se chama a estrela que perseguen? E por
que a perseguen? Podedes axudarme a descubrilo? Coa axuda da vosa profe procurade información sobre ela en
libros ou en internet e axudádeme a resolver as miñas dúbidas.
Sei que a próxima semana ides visitar o Belén de Begonte e ao
parecer esa estrela vai a estar agochada alí. A ver quen é o intrépido aventureiro/a
que a atopa primeiro! Dicídelle aos profes que lle saquen una foto e que a
envíen a miña dirección de correo electrónico: faiuco@trasnodebegonte.com.
Pronto volveredes a ter novas miñas!
Quérovos nenos e nenas!
Un saúdo!
Faiuco
Axiña acudimos á biblioteca do cole e puxémonos a investigar nalgúns libros e tamén en internet. Averiguamos que esa estrela da que falaba Faiuco é a Estrela de Oriente, máis coñecida por ser a estrela que seguían os Reis Magos para chegar ao portal de Belén, segundo a tradición cristiá.
Descubrimos ademais que algúns astrónomos como o alemán Johannes Kepler cren que o avistamento desa estrela foi en realidade unha conxunción planetaria entre Xúpiter e Saturno. Outros como Michael R. Molnar identificaron a Estrela de Oriente como unha dobre ocultación de Xúpiter tras a Lúa e, incluso, coma un cometa.
Uns días máis tarde saímos do cole e camiñamos rúa abaixo para visitar o famoso Belén electrónico da nosa vila, que por certo, xa é Festa de Interese Turístico Galego. Sería certo que a Estrela de Oriente estaría alí tal e como dixera Faiuco? Que gañas tiñamos de descubrilo!
Xa no Centro Cultural José Domínguez Guizán, puidemos volver a admirar a beleza do Belén con todas as súas figuriñas en movemento e atopar a Estrela de Oriente, completando así a misión que nos encomendara o noso amigo Faiuco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario