O pasado día 2 tivemos a honra de recibir na nosa biblioteca a visita de Pedro Pablo Campo, astrónomo e investigador do Observatorio Astronómico Ramón María Aller de Santiago de Compostela.
Pedro explicounos unha morea de cousas sobre o noso Sistema Solar, os planetas, os satélites, as estrelas, os cometas, os asteroides... E ata nos contou que Faiuco estaba agora mesmo nun dos aneis de Saturno!
Tamén resolveu amablemente todas aquelas dúbidas e inquedanzas que lle quixemos transmitir e alucinou co noso planetario á entrada da biblioteca.
Moitas grazas Pedro por ensinarnos tantas cousas!
Que envidia, que oportunidad para l@s peques
ResponderEliminar