Como xa sabedes, ao longo de cada curso, traballamos en prol da inclusión e da concienciación das capacidades diferentes.
Nesta ocasión, conmemorando o "Día Internacional das Persoas con discapacidade", abrimos a temporada de cine na Casiña de Faiuco.
Porén, o venres 1º de decembro proxectamos distintas curtas acompañadas de actividades de reflexión e sensibilización ante as diferenzas.
Os obxectivos destas xornadas céntranse en:
- Achegar ao alumnado ao coñecemento de realidades diferentes.
- Despertar actitudes de empatía e solidaridade.
- Fomentar a comunicación, o pensamento crítico e o razoamento.
Os traballos están expostos no corcho do corredor da nosa biblioteca.
Os próximos días, cada grupo invitará ao resto do alumnado a compartir a súa curta e facer unha reflexión conxunta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario