Por suposto que tiñamos que pechar esta investigación dun xeito espectacular 😅
🙆Un festival de película
O último día de clase pasamos unha xornada de cine; con bailes, bandas sonoras de películas traballadas e coñecidas por todos e todas, risas, maquillaxe, vestimentas de gala....e por si iso non fora suficiente organizamos unha entrega de premios Óscars.
Houbo varios traballos nominados nestas categorías pero só un se fixo co premio.
👉 Mellor posta en escena
👉 Mellor investigación
👉 Ao traballo máis orixinal e creativo
👉 Os mellores caracterizados no Entroido
👉Mellor representación artística
Fixeron entraga dos premios o alumnado de 6º EI, con axuda dos presentadores do festival.
Pero se tedes dúbidas do ben que saíu todo, premede no video.
Logo, na Casiña de Faiuco esperaba unha exposición organizada en stands sobre o traballo no proxecto por cada grupo clase e nas aulas dos especialistas.
En cada expositor podíanse ver os traballos nominados nos premios Óscars, os recursos que se empregaron, os libros que foron traballados nas distintas aulas, a indumentaria empregada para as caracterizacións, o traballo do alumnado coa película " Mi vecino Totoro"...entre outras cousas.
Se vos fixades nas imaxes, hai un camiño de estrelas a modo de " Paseo da fama" como unha pequena homenaxe a todo o alumnado do centro pois fixeron un traballo espectacular. Cada estreliña personalizasa marca a pegada de cada neno ou nena neste proxecto.
Noraboa a todos e todas polo esforzo e motivación na investigación que fixemos na Casiña de Faiuco.
Polo Creativo, no que se proxecta o video " Que é o cine para ti?", coñecendo as ideas previas do noso alumnado.
Expositor Educación Infantil
Expositor do 1º ciclo EP
Expositor do 2º ciclo EP
Expositor do 3º ciclo EP
Expositor da aula de Inglés
Expositor da película " Mi vecino Totoro"
Moitas gracias a toda a comunidade educativa pola vosa visita e colaboración,
A Casiña de Faiuco sempre ten as portas abertas para recibirvos.
Hoxe en día, son as bibliotecas as que incorporan as novas linguaxes en distintos soportes e formatos: a robótica, os medios audiovisuais, os videoxogos, xunto cos libros de papel, os libros dixitais, a radio, a música, o cine e o conxunto de artes plásticas e visuais.
As bibliotecas escolares, adáptanse aos novos usos sociais e crean espazos de encontros e de aprendizaxe compartido que configuran recunchos para a exploración, a investigación, a aprendizaxe experiencial, a invención e a expresión oral, escrita, plástica e audivisual.
a nosa biblioteca pretende ser unha "biblioteca activa e inclusiva" e unha ferramenta para melloarar a práctica educativa. Porén, necesitamos da vosa colaboración respondendo a unha pequena enquisa.