xoves, 24 de outubro de 2024

Oído cociña!

24 de outubro, día das Bibliotecas escolares: "Por un futuro sostible"

As bibliotecas escolares son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa para formar unha cidadanía crítica, activa e comprometida.

Buscamos que o noso alumnado teña unha idea da biblioteca como un espazo de coñecemento, de saber, de investigar, de crear, de compartir... por iso, neste día dedicado as nosas bibliotecas poñemos énfase na contribución que fan á sociedade.

Para celebralo que mellor que presentar o noso proxecto

Agora si!👏



 

 Que ten por obxectivo contribuír a formar unha sociedade máis igualitaria, mellor informada, solidaria, xusta e preocupada polo desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

Pero tamén, achegarnos ao símbolo de identidade que representa, a arte culinaria, a necesidade de buscar unha alimentación saudable, a coñecer técnicas de conservación de alimentos, a ler as etiquetas dos productos, clasificar alimentos,..  e unha morea de tarefas, retos, investigacións, saídas, exposicións... que quedan por diante.

Por onde comezamos? 😉polo principio, que sabe o noso alumnado do tema?🙈


Ademais, as mochilas viaxeiras comezaron a súa viaxe. Esperemos que gozedes moito con elas

MOCHILAS VIAXEIRAS

 

Moi pronto, máis novidades!


 

 

venres, 18 de outubro de 2024

Día das escritoras

 Como cada curso reivindicamos o labor e o legado das escritoras a través da historia, na data do 15 de outubro.

O noso alumnado quixo visibilizar o traballo das mulleres que escriben para saír á escena: as dramaturgas, que adaptan ou escriben textos  para montar obras teatrais.
 
Quixemos investigar sobre estas mulleres porque neste curso, Bibliotecas Escolares pon o seu foco no mundo artístico, no teatro 😆
 
Así pois, expuxemos as nosas investigacións sobre varias mulleres vinculadas ao mundo do teatro: Paula Carballeira, Gracia Iglesias, Emilia Pardo Bazán, Ánxeles Cuña e Elena Fortún.
Destacar a colaboración das mestras de Inglés e Relixión nesta tarefa 👏

Tamén, os máis pequenos do cole fixeron unha mención ao Kamishibai, como teatro de papel, onde se poden contar un montón de historias; no noso caso foi " Sopa Verde" de Ângela Madeira.
 
Neste vídeo tedes un anaco da exposicón do alumnado na Casiña de Faiuco.
 


 

 "A periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural"

apoiámos as mulleres que miran pola cultura galega e o mundo rural.

 

 Moi bo traballo!!