domingo, 3 de abril de 2022

2A Día Internacional do Libro Infantil






Por que festéxase o 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil? 

Porque é a data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de clásicos como La Sirenita, El Patito Feo, entre outros.




Cada ano elíxese un tema e convídase a un escritor para escribir unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo e a un ilustrador para deseñar un cartel, materiais que se utilizan en todos os países para promocionar o amor polos libros e pola lectura.


Esta é a mensaxe para todos os nenos e as nenas do mundo:


Ler é liberdade. Ler é respirar.
 
Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.
 
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
 
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.
 
A plenitude do teu universo só medra cando les.
 
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.
 
As historias son menciña. Curan. Reconfortan.
 
Inspiran. Ensinan.
 
Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan
os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.
 
Mahsi cho. Moitas grazas.

RICHARD VAN CAMP, AUTOR
TRADUCIÓN, MERCEDES PACHECO





E lembra o que dí sempre Faiuco,
Ler é voar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario