xoves, 4 de decembro de 2025

Cadeira Vermella

 Unha das cousas que máis lles gustan aos nenos e nenas de Infantil cando van á biblio é contar o conto que levaron á casa e ensinar o seu debuxo📇

Ás veces a vergoña, a timidez, os nervios... ao saber que os gravamos fan que non poidades disfrutar desta actividade. Pero, as que somos afortunadas e o podemos ver é unha delicia 😍

Aitana sentou na Cadeira Vermella para renarrar unha historia de cacas 💩

Fíxoo así de ben, subide o volume 🔊🔊🔊🔊🔊


Super ben Aitana 👌

martes, 2 de decembro de 2025

Fotografías participantes

 Rematado o mes de novembro, mes da Ciencia, termina o prazo para presentar fotografías para o I Concurso de Fototrampeo.

Un concurso que une a fotografía coa observación directa dun ser vivo no seu medio natural, capturando diferentes momentos: unha abella pousada nunha flor, unha píntega correndo baixo a choiva, un caracol alimentándose dunha folla de leituga, miñocas que aparecen nestes días húmedos... 

Froito desta proposta chegaron fotos moi bonitas e chamativas que deixan ver a implicación do noso alumnado e das súas familias nas dinámicas que propoñemos, estamos moi agradecid@s.

Sendo un avance máis no noso PDI "Que animalada!" pois unha parte fundamental para coñecer o reino animal é a observación.

Neste vídeo podedes ver as fotografías participantes, dádelle ao play



Moi pronto, coñeceremos os dous gañadores de cada etapa, EI e EP.

Estade moi atent@s as nosas redes sociais



Formación ao voluntariado

 No día de hoxe os nosos voluntari@s achegáronse á biblioteca para poñerse mans a obra coa colocación de libros📚

Os nenos e nenas voluntarias son parte do equipo da biblioteca e deben colaborar na dinamización e organización da mesma, por iso é moi importante ofrecer sesións de formación.

A Casiña de Faiuco está mudando ao KOHA, programa de xestión de bibliotecas, que implica algún cambio na catalogación, colocación e distribución da colección nas tres salas. Polo tanto, é hora de que o voluntariado se vaia familiarizando coa CDU ilustrada, que xa coñecían, a información dos tejuelos e a disposición dos distintos exemplares nos andeis.

Unha tarefa que a priori parece sinxela pero que necesita de moita práctica.

Pois ben, comezamos identificando os andeis de ficción, recordando a nosa clasificación de lectores por cores, cos de non ficción e como distribuimos os buses, da CDU ilustrada, polos distintos espazos.




Logo, identificamos a información dos tejuelos e "xogamos" a buscar libros. A idea era buscar a sección corresponde e colocar o libro alfabéticamente de acordo aos separadores dos andeis.









Pasiño a pasiño o noso voluntariado adquire responsabilidades na xestión da biblioteca 👏👏👏

Moi bo traballo 👌

Vivindo con eles, puro amor

No noso PDI "Que animalada!", as mascotas teñen un papel fundamental🐾

É a nosa realidade máis próxima ao mundo dos animais e en tódolos fogares, ou case todos, hai mascotas as que queremos un montón.

Para dar a coñecer as nosas mascotas aos demais compañeiros/as propuxemos encher o tendal do noso cole coas fotos destes animaliños tan prezados.

Sabemos o nome de cada un deles, a súa apariencia pero tamén que é o que máis lles gusta facer. Se ti tamén queres coñecelos, vén ao cole!!

Velaquí a gran familia do PDI "Que animalada"


E si, son un montón deles💛

Un bo inicio para comezar a falar de responsabilidade, compromiso e cariño cara os nosos animais.

Moi pronto, haberá máis novidades sobre o asunto😉



xoves, 27 de novembro de 2025

Camiñando cara a igualdade

 O martes 25 de novembro pisamos forte contra a violencia💜

Rexeitamos calquera tipo de violencia e por iso queremos que todas e todos escollamos o bo camiño; o do respecto, empatía, xustiza, paz, amor, cariño... que nos guía cara o bo trato.

Porque a igualdade non é unha meta, é o camiño que construímos xuntos e xuntas, pasiño a pasiño, desde as nosas aulas.

Celebramos un acto diante do Concello que comezaba cun manifesto feito polos maiores do cole onde apelaban ao respecto.  Logo, pisamos con forza as frases ou palabras que tanto repugnamos sobre a violencia física, psicolóxica, sexual, dixital... e para terminar colocamos os zapatos morados coas sinais que indican o camiño que debemos de seguir.

Neste pequeno vídeo podedes ver o resumo desta iniciativa 


💜👣💜👣💜👣💜👣💜👣

Nós xa escollemos o camiño a seguir, e ti??



luns, 24 de novembro de 2025

Formación audiovisual II

 O alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria segue a participar nas sesións de formación sobre gravación e edición de curtas📹

Na sesión do pasado venres tocou saír ao exterior, gravaron no propio Belén. 

A intención é potenciar e mellorar o seu manexo e dominio con certos dispositivos para recoller material para a posterior fase. 

Tiveron que poñer en práctica o aprendido sobre a escolla de planos, personaxes, trama, diálogo...

Deixamos por aquí unhas cantas fotos da xornada de gravación





Graciñas Begoña por sabernos guiar tan ben 😊

A Cadeira Vermella

 O alumnado de Educación Infantil segue a empregar a Cadeira Vermella para renarrar as historias dos contos que levan prestados as súas casas🏠

Unha práctica que axuda aos máis pequenos a adquirir un gusto pola lectura, desenvolver destrezas na oratoria, aumentar o seu vocabulario, axuda a integrar o paso do tempo a través do devir da historia que contan, potencia a escoita activa e axúdalles a mellorar a súa expresión oral.

Asemade é o agrado deles contar contos, gústalles ser escoitados e narrar historias que saben.

Velaquí un adianto da primeiras intervencións.

Fixérono xenial 😍!! 

Aproveitamos a nosa sesión na biblio para escoller novos contos pero tamén para compartir as aventuras cos demais compis.

O álbum ilustrado triunfa sempre 👌