martes, 14 de maio de 2024

15M Día Internacional das familias

 

 O día 15 de maio, celébrase este día tan especial que foi establecido polas Nacións Unidas en 1993 co fin de facer fincapé no papel de todas as familias na educación dos seus fillos dende a infancia. Considera que a familia é a unidade básica de toda sociedade. 

 


 

Porén, este día é unha forma de destacar o importante papel que as familias teñen na comunidade e tamén, plantearse, identificar e analizar cuestións que afectan ao seu desenvolvemento. 

A ONU tamén remarca como as familias cambiaron ao largo das últimas décadas alterando as súas estruturas debido a factores sociais, económicos e demográficos. Hoxe hai distintos tipos de familia como podemos ver no seguinte vídeo.




No 2022, púxose o foco nas familias e nas súas medidas para impulsar accións urxentes que combatan o cambio climático e os efectos que provoca, tal como as Nacións Unidas especifican no ODS 13: "Acción polo clima".




No 2024, continuarase poñendo o foco nos efectos adversos do cambio climático e a
acción das familias  mellorando a educación, sensibilización e a capacidade humana e institucional para mitigar e reducir os seus efectos.




 En este contexto, as familias pode dar exemplo na educación dos seus fillos a través de pequenas accións cotiás.

Subliñar que tamén se sumarán outros temas como o uso da tecnoloxía, a migración, a urbanización e a forma de adptarse a unha vida diferente. 

 Dende a nosa escola, sumámonos a esta iniciativa con distintas actividades ao longo do curso promovendo a importancia do rol familiar e fomentando a conciencia ecolóxica. 



luns, 13 de maio de 2024

Cadea de Lectura

 Outro vídeo máis para continuar coa nosa cadea de lectura, desta vez da man da profe Laura.

Laura conta a historia de tres paxariños: Pío, Pía e Pi.

 que lles ocorrerá? Contarán a  historia dende unha xaula ou voando entre as árbores?

Se o queredes saber só tedes que pinchar no vídeo e escoitala.


Os nominados son Carla de 3 anos e Bruno de 5, esperamos as vosas lecturas.

Moitas gracias Laura por seguir a nosa cadea!

Foi un pracer recibirte na nosa aula.

martes, 7 de maio de 2024

Toponimízate

A toponimia é unha disciplina que estuda os nomes propios dun lugar, os topónimos.

Trátase dun valor máis da nosa lingua ligado á xeografía e a historia de Galiza. É por elo que se creou este programa, para evitar a perda da riqueza cultural e poñer en valor unha vez máis o noso patrimonio.

Toponimízate é un programa que pon en marcha a Xunta de Galiza para promover o uso do galego e o mesmo tempo un recurso ao servizo dos centros educativos para traballar e involucrarse na iniciativa.

pincha👇

TOPONIMÍZATE 

O concello se Begonte entrou o pasado mes de novembro na axenda do programa e paso a paso, logra ir colocando no mapa os topónimos propios desta zona. 

Tarefa na que o colexio está colaborando a través desta aplicación.

GALICIA NOMEADA 

Animádevos a descargala e colaborar na iniciativa.

Os nosos obxectivos son os seguintes:

👉 Promover o uso do galego.

👉 Difundir a riqueza da toponimia galega.

👉 Dar a coñecer a historia de cada nome da nosa terra.

👉 Valorizar a riqueza das nosas lendas, fontes, montes, camiños...

👉 Xerar novas dinámicas de traballo.


Para alcanzalos,  comezamos coñecendo as parroquias do noso concello, colocamos o nome de todas elas na entrada principal da escola.


 de onde ves sendo?

o alumnado elabora cos bolígrafos 3d o nome dos pobos no que viven e colócano na parroquia correspondente.






A misión do alumnado do terceiro ciclo é incluír na aplicación de Galicia Nomeada os topónimos que coñezan eles e nas súas casas. Para iso, empregan un tempo semanalmente na aula ordinaria.
é un traballo de orientación espacial e manexo de mapas satelitais.






Seguimos coa nosa misión, 
bótasnos unha man!!


luns, 6 de maio de 2024

Cadea de Lectura

Seguimos coa cadea de lectura e desta vez por partida dobre; Leire e Gael de Educación Infantil.

Gael fai unha lectura moi entretida de Mimi, alguén coñece esta gatiña? parece un pouco traviesa...

Fixádevos que ben o conta!!


Leire escolleu para esta cadea de lectura un conto que fala do especial que somos todos e todas, escoitádea porque o fixo realmente ben.


Moi ben, que siga a cadea!! Gracias por compartir con nós o voso tempo de lectura.

Gael dedice deixar liberdade absoluta para que quen queira se una á cadea, sen embargo Leire nomina a Aitana de 4 anos e a profe Laura.

Anímadevos!!




venres, 3 de maio de 2024

2M: Día mundial contra o acoso escolar

 Acabar co bullying é unha tarefa que nos compete a todos e todas.

 


O 2 de maio foi a data escollida para manifestarnos en contra do acoso escolar, non só hoxe temos que poñernos en contra da violencia nos centros escolar pero si é o momento para concenciar sobre os riscos e falar dos mecanismos que podemos adoptar para frear certas actitudes e comportamentos.

 




Non podemos torcer a cara ante unha problemática que afecta a tantos e tantos nenos e nenas. 

Por iso, unímonos a esta celebración visionando unhas cantas curtas que teñen o obxectivo de visivilizar os danos e os perigos derivados do acoso escolar.

 


Logo, cada grupo fixo a súas reflexións sobre o traballado nas aulas para elaborar a exposición das " mans brancas".

 





Nós, dicimos que non ao acoso escolar!!

#sebuscanvalientes

 


xoves, 2 de maio de 2024

Cadea de Lectura

 Na lectura de hoxe, temos a participación dunhas das alumnas mais pequenas do cole. Con moito entusiasmo; cóntanos unha historia sobre o medo. e ti, a que tes medo?




 Que ben Mía! 
Fantástica a túa lectura!


Os nomeados son: Ander e Ares de 3 anitos. noraboa!