Na lectura de hoxe, temos a participación dunhas das alumnas mais pequenas do cole. Con moito entusiasmo; cóntanos unha historia sobre o medo. e ti, a que tes medo?
xoves, 2 de maio de 2024
Cadea de Lectura
martes, 30 de abril de 2024
Semana do Libro
No mes de abril celebramos unha das semanas máis significativas para as nosas bibliotecas, o día do libro, que conmemoramos con varias actividades nas que poñemos en manifesto o noso agarimo pola Casiña de Faiuco: animación á lectura, talleres de banda deseñada, contacontos, lecturas compartidas, itinerarios lectores, obradoiros de debuxo...
creative week!!
Tendo en conta a proposta de Bibliotecas Escolares de traballar coa banda deseñada; na nosa escola o tempo de lecer na biblio estaba dedicado a crear, escribir, deseñar ou compartir viñetas.
Divertímonos coa banda deseñada!! velaquí a exposición!
Para elo, organizamos tres obradoiros. Nun empregamos plantillas de viñetas graciosas e divertidas, nas que o noso alumnado creaba as historias tendo en conta o tipo de bocadillos: gritar, pensar, chorar, conversar ou narrar.
Logo, con recortes de debuxos, tiñamos a posibilidade de facer nós mesmos o deseño das viñetas, tanto escoller personaxes como tipo de bocadillos e crear as propias historias. A imaxinación voaba en cada creación!
O alumnado de Educación Infantil tamén quixo levar esta proposta á aula, botade un ollo as historietas tan cómicas que inventaron.
Certo é, que os alumnos de 5 anos xa fixeran un conto de banda deseñada para agasallar a Ana Meilán pola súa visita a nosa biblio.
rematamos a semana, que dedicamos á banda deseñada, coa visita de Pablo Moledo cun obradoiro de debuxo moi entretido.
Un aire fresco de posibilidades, inspiracións, técnicas, xogos... para despertar ou fomentar a nosa creatividade no debuxo.
Lembrade que tamén estamos en
venres, 26 de abril de 2024
Cadea de Lectura
Parece que as profes están moi animadas coa lectura!
Nesta ocasión, a profe Alba de EI e o seu gatiño Fermín
achéganos unha poesía De Gloria Fuertes.
Gatos constipados?
Os nomeados son: Valeria e Gael de educación Infantil.
Esperámovos prontiño!
xoves, 25 de abril de 2024
Visita de Ana Meilán
O que a serea esqueceu, Bágoas debaixo da cama, O aire do lobo Rigoberto, Oito patas, Palmira, Quen vén esta noite?...
Siiii!!! A Casiña de Faiuco recibe a esta escritora lucense.
Ana Meilán é a nosa aposta para conmemorar a semana do libro, que mellor que facelo con ela; pois o noso alumnado coñece as súas publicacións, é da contorna, anímanos a ler, conta os contos dende o corazón...
Durante a xornada do 24 de abril, o noso alumnado puido gozar de tres sesións coa escritora, por suposto adaptadas ás idades dos lectores e lectoras.
Comezou Educación Infantil asistindo a un contacontos do libro "As chaves dos soños". Adele convidou aos peques do cole a gardar nos seus caixóns as chaves que abren os seus soños, aquelas que están atadas a un lazo azul. e metemos todas as noites debaixo da almofada.
Uns auténticos explorador@s de contos!!
Os maiores do cole fixeron unha sesión fantástica con " O que a serea esqueceu", escribir diaramente para non esquecer, coleccionar momentos... poñernos ao tanto do poder que ten desexar con tadas as nosas forzas algo.
Un encontro para pensar, recordar, gardar, fantasear e desexar.
E incluso, crear unha cápsula do tempo!! Quen a abrirá?
escoitádea, non a podedes perder!
martes, 23 de abril de 2024
Cadea de Lectura
Ola! seguimos coa cadea!
e sabedes unha cousa... é unha profe, moi pero moi divertida! da un pouquiño de medo, iso si!
Escoitámola?
Moitísimas grazas Genma
pola túa dedicación!
Os nomeados son: Mía de 3 anos e Enzo de 4 anos. Esperamos pronto a vosas propostas de lectura!
luns, 22 de abril de 2024
Semana do Libro na Casiña de Faiuco!
Nesta ocasión centrámonos en banda deseñada.
Dende bibliotecas escolares de Galicia, este curso 2023/2024, teñen como Lema Unha biblioteca escolar en viñetas, poñendo o foco en todas as posibilidades que a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.
Dende a nosa escola, sumámonos a esta proposta con distintos obradoiros e visitas.
Lembra sempre o que di Faiuco
Ler é voar!
Feliz Semana do Libro!
Luces, cámara...
En relación ao noso PDI, visitounos Javi Díaz, director de fotografía e director creativo que traballou con importantes artistas e marcas do noso país.
Javi ensinounos, no polo creativo da nosa escola, como a travéz da luz podemos crear diferentes efectos e significados, en función da imaxe que queiramos conseguir
Ademais, fixémosle unha pequena entrevista para o noso programa de radio "RadioCorpiño" que podedes escoitar clicando na imaxe da radio.
Moitísimas grazas Javi
por compartir
o teu tempo e coñecementos con nós!
luns, 8 de abril de 2024
A Cadeira Vermella
Seguimos cos pequen@s Contacont@s.
Desta vez foi Valeria de 3 aniños, a que sentou na Cadeira Vermella para contar a historia de Cocorico.
Seguro que todos e todas coñecedes a Cocorico, se non é así, Valeria pode axudarvos.
Escoitémola!!
Con estas ganas a escoitaban os seus compañeir@s, moi atentos eles!
Estupendo Valeria!!
A cadeira Vermella
Pequen@s contacont@s en Educación Infantil
A Cadeira Vermella non cesa, Carla fixo que gozáramos con ela e a cebra Camila, un conto entretido no que o vento bandido lle xoga unha mala pasada a Camila.
Carla cóntanos como con axuda dos seus amigos, Camila, logra superar a súa pena.
Así de ben o fixo Carla!!
Por suposto, cando un neno ou nena da aula comparte con nós a lectura do conto que levou á casa, escoitamos con moita atención.
Autora: Marisa Núñez
Ilustrador: Óscar Villán
Moi ben Carla, gracias!!
xoves, 4 de abril de 2024
Cadea de Lectura
A modiño, a modiño, vamos avanzando!
Esta vez, recibimos o vídeo de Sabela Lamas de Educación Infantil.
Aínda que está iniciándose na lectoescritura, comparte con nós un anaco de "Unha Unicornia", de Miguel Ángel López González (o Hemotocrítico).
A súa nai María acompáñaa e xuntas comparten este máxico momento.
As nomeadas son: Alba e Genma, mestras dos grupos de infantil.
Estaremos esperando a súas lecturas con moitas ganas!
martes, 2 de abril de 2024
A Cadeira Vermella
Os nenos e nenas de Educación Infantil non deixan a súa boa rutina semanal de visitar a Casiña de Faiuco.
Bruno levaba tempo esperando a súa quenda para facer a cadeira vermella, estaba ansioso por contar o conto.
Escoitádeo, fíxoo moi ben!!
Se o conto de por sí, é fermoso, na voz de Bruno ten un encanto especial. Os nenos e nenas da clase pasaron un bo rato escoitando ao seu compañeiro.
Quen será o próximo en sentar na cadeira?