No mes de abril celebramos unha das semanas máis significativas para as nosas bibliotecas, o día do libro, que conmemoramos con varias actividades nas que poñemos en manifesto o noso agarimo pola Casiña de Faiuco: animación á lectura, talleres de banda deseñada, contacontos, lecturas compartidas, itinerarios lectores, obradoiros de debuxo...
creative week!!
Tendo en conta a proposta de Bibliotecas Escolares de traballar coa banda deseñada; na nosa escola o tempo de lecer na biblio estaba dedicado a crear, escribir, deseñar ou compartir viñetas.
Divertímonos coa banda deseñada!! velaquí a exposición!
Para elo, organizamos tres obradoiros. Nun empregamos plantillas de viñetas graciosas e divertidas, nas que o noso alumnado creaba as historias tendo en conta o tipo de bocadillos: gritar, pensar, chorar, conversar ou narrar.
Logo, con recortes de debuxos, tiñamos a posibilidade de facer nós mesmos o deseño das viñetas, tanto escoller personaxes como tipo de bocadillos e crear as propias historias. A imaxinación voaba en cada creación!
O alumnado de Educación Infantil tamén quixo levar esta proposta á aula, botade un ollo as historietas tan cómicas que inventaron.
Certo é, que os alumnos de 5 anos xa fixeran un conto de banda deseñada para agasallar a Ana Meilán pola súa visita a nosa biblio.
rematamos a semana, que dedicamos á banda deseñada, coa visita de Pablo Moledo cun obradoiro de debuxo moi entretido.
Un aire fresco de posibilidades, inspiracións, técnicas, xogos... para despertar ou fomentar a nosa creatividade no debuxo.
Lembrade que tamén estamos en
Ningún comentario:
Publicar un comentario