Recordades os obradoiros sobre Internet Segura do INCIBE ? Pois aquí tedes o vídeo no que vos ensinan a identificar páxinas e mensaxes fraudulentos no entorno dos videoxogos e outros espazos dixitais de uso cotiá..
domingo, 30 de abril de 2023
TALLERES ONLINE INTERNET SEGURA: CREA O TEU CONTRASINAL SEGREDO.6-8 ANOS.
Recordades os obradoiros sobre Internet Segura do INCIBE ? Pois aquí tedes o vídeo no que vos ensinan a importancia de crear contrasinais seguros e como comprobar se son suficientemente fortes ou non.
Organizade un concurso de contrasinais en familia, a ver quen gaña!
luns, 24 de abril de 2023
SEMANA DO LIBRO II
Visita de Nathalie na Casiña de Faiuco!
Nat é a nai de Flora de EI, é mestra en English School Lugo, veu a compartir un "Storytelling" cos máis pequenos do cole e un "drama" cos nenos e nenas de EP. Bailaron, riron e escoitaron historias marabillosas!
Peche da Semana do Libro!
xoves, 20 de abril de 2023
PROXECTO DIGICRAFT: ENTRENANDO UNHA INTELIXENCIA ARTIFICIAL.
As nenas e nenos de 6º aprenderon como funciona unha intelixencia artificial que identifica debuxos. Ademais, buscaron imaxes con licenza Creative Commons en Internet, para adestrar a unha intelixencia artificial propia para recoñecer debuxos de gatos e mazás.
luns, 17 de abril de 2023
SEMANA DO LIBRO I
luns, 10 de abril de 2023
#8A Día Internacional do Pobo Xitano
O 8 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Pobo Xitano, tamén coñecido en inglés como International Roma Day, co fin de dar a coñecer a historia e cultura romanís.
Neste vídeo, atópase a historia de Samara, para reflexionar e traballar nas aulas.