Xa estades de vacacións! Por fin chegou o Nadal!
Descansade, xogade e...aproveitade para
ler un pouquiño clicando na portada de cada libro.
https://drive.google.com/file/d/1Dsk5eXtr-YBCGWt3W_s1qypwjaUN0xaC/view?usp=sharing
Xa estades de vacacións! Por fin chegou o Nadal!
Descansade, xogade e...aproveitade para
ler un pouquiño clicando na portada de cada libro.
https://drive.google.com/file/d/1Dsk5eXtr-YBCGWt3W_s1qypwjaUN0xaC/view?usp=sharing
Dende o Equipo da Biblioteca, queremos agradecer á "ANPA AS FAIAS", a súa implicación na campaña de promoción da igualdade e da prevención da violencia de xénero.
Como mostra, a nova colección de libros sobre esta temática que nos entregaron recentemente, xa á vosa disposición na biblioteca do cole.
Graciñas !
Hoxe celébrase o Dia da Discapacidade.
O lema deste ano é "Un día para todos", e quérese facer visible que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos, nalgún momento das nosas vidas, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente;e a sociedade ten que estar preparada para iso.
No cole, preparáronse diferentes actividades para que nenos e nenas fosen conscientes das dificultades coas que se atopan no seu día a día as persoas que teñen algunha discapacidade física.
Queremos agradecer ao Centro de Saúde de Begonte a súa colaboración prestándonos dúas cadeiras de rodas;e a Lucía, unha nai, que nos trouxo outra.
O resultado desta experiencia podedes velo no vídeo seguinte:
Xa recibistes a primeira carta deste curso.
Nela veredes que imos visitar...GUATEMALA.
Guatemala é o país de orixe de Elenna de 4º de EP.
Veña! Toca investigar !