Amosando publicacións coa etiqueta 8A Día Internacional do Pobo Xitano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 8A Día Internacional do Pobo Xitano. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de abril de 2023

#8A Día Internacional do Pobo Xitano

 

O 8 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Pobo Xitano, tamén coñecido en inglés como International Roma Day, co fin de dar a coñecer a historia e cultura romanís. 

Neste vídeo, atópase a historia de Samara, para reflexionar e traballar nas aulas. 





Pola igualdade!


sábado, 9 de abril de 2022

8A Día Internacional do Pobo Xitano

 

O Día Internacional do Pobo Xitano conmemórase o 8 de abril. Esta data lembra o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971 no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.



A bandeira é verde e azul, simbolizando o ceo e o campo, cunha roda de carro vermella no centro, que simboliza o camiño desde a India e a liberdade. O himno xitano,  Gelem,  gelem (Andei, andei), foi composto por  Jarko  Jovanovic e lembra aos xitanos e xitanas vítimas do nazismo.




No 4º Congreso Internacional Xitano en  Serok, Polonia, designouse o 8 de abril como Día Internacional do Pobo Xitano en recordo daquel Congreso de Londres.

Desde hai uns anos a data do 8 de abril está a adquirir gran notoriedade, servindo de ocasión para distintas celebracións e comunicacións por parte de múltiples institucións nacionais e internacionais.

A Cerimonia do Río é unha destas celebracións que se realiza en moitas localidades. Nela as mulleres lanzan pétalos de flores nos ríos e os homes encenden velas en recordo dos seus antepasados.