venres, 20 de decembro de 2024

Recomendacións lectoras

 O tempo pasa moi rápido e xa rematamos o primeiro trimestre deste curso😀

Faiuco non quere perder esta oportunidade para propoñervos libros, contos e diferentes xogos para estas vacacións de Nadal.

Sempre é un bo momento para ler ou xogar coa familia, gozar co tempo que pasamos xuntos e coleccionar bonitos recordos 💗

Velaquí as recomendacións de Faiuco


Felices vacacións!!


martes, 10 de decembro de 2024

Biblioteca Creativa

 A Casiña de Faiuco está dentro do proxecto 

"Bibliotecas Creativas"!! 👏

Tendo en conta a realidade actual, as alfabetizacións múltiples, as nosas bibliotecas escolares teñen que evolucionar cara  espazos cooperativos que  alberguen todo tipo de linguaxes e ofrezan ao alumnado oportunidades de aprendizaxe.

Unha biblioteca creativa é aquela que está dotada de espazos e recursos que permitan aos nenos e nenas experimentar, indagar, crear, construír, programar, deseñar... deixando atrás o concepto de biblioteca como lugar de lectura silenciosa, recollemento e un espazo de culto aos libros.

A nosa biblioteca camiña con paso forte para lograr ser un laboratorio de aprendizaxes, tanto cos recunchos e recursos cos que dispón como pola diversidade de actividades e obradoiros que se levan a cabo.

Este paso supón maior dotación e máis posibilidades, ideas e oportunidades de aprendizaxe.



Faiuco, sempre apostou pola creatividade!



luns, 9 de decembro de 2024

Cadeira Vermella

Cada vez que subimos co alumnado de Educación Infantil á biblioteca corroboramos que os contos teñen unha maxia especial.

A ilusión e o cariño con que os nenos e nenas contan a historia do libro que levaron para a casa é unha mostra máis da importancia de crear un hábito lector e fomentar nos máis pequenos o gusto pola lectura, polos contos, por contar historias, por escoitar....

E como non, Uxía de 3 aniños fixo a súa primeira "Cadeira Vermella" así de ben.


Non hai mellor maneira de comezar a historia, verdade?

Mirade, así de atentos e atentas escoitaban os seus compañeiros e compañeiras a historia do Monstruo Rosa.


Moitas gracias Uxía!!




luns, 2 de decembro de 2024

Cadeira vermella

 Os nenas e nenas de EI narran as historias dos seus contos favoritos na Cadeira Vermella 

Unha forma máis de fomentar o gusto pola lectura, escoita activa, expresión oral e potenciar a adquisicón do hábito lector.

O primeiro en presentarse voluntario foi Enzo, 5 anos, que levou para a súa casa o conto " Un día en la sabana" , co que coñecemos como era o día a día dalgúns animais africanos.

Escoitade con atención tódolos detalles que narra Enzo. 

Subide o volume 🔈🔉🔊


Moitas gracias Enzo!!