mércores, 30 de abril de 2025
A hortiña de Faiuco
Taller de papel reciclado
Celebramos a semana do libro con moita creatividade e un sabor internacional 😆
Cada grupo ou clase fixo un taller moi especial que combinou creatividade, conciencia ecolóxica e unha deliciosa volta ao mundo a través dos alimentos.
Puidemos coñecer o proceso de reciclado de papel cunha receita moi sinxela:
📃Triturar papel de desfeito, deixar repousar, batir ata obter unha pasta, empregar os cadros de reixas para dar forma a cada folla do libro e por último deixar secar enriba dun pano.
Así de sinxelo! 👌
Logo de ter nas nosas mans as follas de papel reciclado cada grupo de nenos e nenas fixo un traballo de investigación sobre un alimento doutro país e foi enchendo as páxinas do seu libro con receitas, beneficios, curiosidades, propiedades...
Botade un ollo ao proceso!
Unha forma diverida e ecolóxica de viaxar cos libros e coidar da nosa contorna!
mércores, 23 de abril de 2025
Visita de María Canosa
Coñecida por ser escritora de literatura infantil e xuvenil entre outras cousas; guionista, articulista, colaboradora de programas radiofónicos... 😀
É a autora de libros como: Faíscas, Leo era un león, Escola de bruxas, Acuario, O papaventos de Laura, Unha fábrica de bicos, Teño un volcán dentro, Candorcas e unicornios, O lobo Ramón... e outros moitos títulos.
O alumnado do 1º ciclo EP tivo a sorte de escoitar a María falar dos seus libros e da súa faceta como escritora. Pero, tamén lles falou do proceso de creación, das súas personaxes nos contos, das novas historias...
Unha sesión moi enriquecedora, pois os nenos e nenas de 2º EP estiveron lendo no itinerario lector unha das súas obras; O lobo Ramón. Tendo a oportunidade de comentar coa escritora a historia e preguntarlle abertamente sobre o libro.
Como non podía ser doutro xeito, asinou os libros e deixou na nosa biblio un agasallo moi bonito 💓
Moitas gracias pola visita!
Batidos de froitas
luns, 7 de abril de 2025
Recomendacións lectoras
Durante este mes de Abril, co gallo da semana do libro, temos aberto o noso I Concurso de Recomendacións de libros 📗📘📙
Se hai un conto que che gusta moito, unha saga de libros que merece moito a pena ler, un cómic co que gozaches, unha historia que deixou pegada en ti.. é o momento de compartilo cos demais 🙋
Cun par de fotos creativas e unha reseña ou debuxo á altura, xa non precisas máis.
Participa!!!
E si tes claro a quen lle pode gustar o teu conto ou libro favorito, podes personalizar a túa recomendación 😃
Velaquí as bases do concurso 👇
Por suposto, hai premio para a máis orixinal🏅
Non perdades a oportunidade de visitar o mural do primeiro andar para consultar todas as recomendacións!
Seguro que atopades algo que vos poida interesar 😉
Esperamos as vosas achegas!!