luns, 27 de outubro de 2025

Aula da Natureza

 A aula da natureza do Concello de Begonte tamén colabora co colexio, desta vez, coa elaboración dun herbario co alumnado de 5º e 6ºEP.

Todo comeza cunha saída para percorrer as ribeiras do río Ladra coa intención de descubrir a flora e fauna da nosa contorna, moita coñecida pero moita outra que pasaba desapercibida. 


O resultado viuse enrriba da mesa do polo creativo; unha  escolla de follas, flores e herbas aínda sen clasificar.



Pedro e Pepe puxeron o punto de partida desta actividade pero queda traballo por diante para este grupo de nenos e nenas.

👉Deben gardar as mostras en bo estado.

👉 Colocar uns separadores de cartón, feitos na cortadora láser, polo medio de cada folla, herba ou flor.



Continuamos montando o herbario, proximamente máis actualizacións 😉


Mirar o mundo diferente

Nesta última semana dous grupos da escola estiveron traballando competencia emocional coa profe Andrea, falando dos distintos xeitos que temos de percibir o mundo 🌍;falamos de TEA ( Trastorno do Espectro Autista) 💙

A Casiña de Faiuco camiña cara unha biblioteca inclusiva, un entorno adaptado a todos os nenos e nenas e valorando a diversidade como unha nova fonte de aprendizaxe.

A través de actividades, lecturas adaptadas, vídeos explicativos e dinámicas participativas exploramos a riqueza da diversidade e o valor da empatía.

Todos somos diferentes, diso falaron os máis pequenos e da importancia de tratarnos ben.


Os nenos e nenas debuxándose a sí mesmos para así percibir que somos totalmente distintos


Dinámica participativa a partir dun vídeo explicativo de como debemos de tratarnos

                                                        

Os maiores tamén traballaron sobre o que lles fai sentir ben e o que lles incomoda, o perigo de etiquetar ás persoas e conversaron sobre os valores da empatía, respecto, tolerancia...co fin de mellorar a convivencia poñendose no lugar do outro.


Resume da sesión de competencia emocional no grupo de EP.

Grazas Andrea por estas sesións que nos axudan a escoitar, comprender e celebrar o que nos fai únicos 👥 💕

24 DE OUTUBRO

 O venres pasado celebramos o día das #BibliotecasEscolares📚

Baixo o lema "Contra a desinformación: Bibliotecas" preténdese destacar o papel fundamental que as bibliotecas desempeñan contra a desinformación, ben sexa a través dos fondos bibliográfico ou do bo uso das novas tecnoloxías.

Ao aveiro do traballo de deseño e planificación de distintas actividades para lograr os obxectivos da Axenda 2030, xorde o PDI.


Un  proxecto para gozar do reino animal e de todos os saberes que o rodean, ademais de ofrecer a posibilidade de seguir a idea de traballar sobre un proxecto de centro; no que poidamos aprender e compartir en comunidade.

Os principais obxectivos deste PDI son:

✅Profundizar nos ODS da Axenda 2030
✅Ofrecer novas situación de aprendizaxe a través do reino animal
✅Camiñar da man do alumnado para chegar a conclusións
✅Valorar o traballo en equipo
✅Poñer en práctica actitudes de respecto e coidado entre iguais
✅Implicar á comunidade educativa no día a día da Bibblioteca
✅Ofrecer talleres que permiten ao alumnado coñecer máis en profundidade distintos modos de vida de animais.
✅Velar pola biodiversidade da nosa contorna
✅Adquirir responsabilidades novas en canto ao coidado de animais
✅Mellorar a expresión escrita e oral
✅Incentivar a creatividade e imaxinación dos nenos e nenas
✅Confiar nas posibilidades de cadaquén
-...

Que animalada! é un proxecto para loitar contra a desinformación, cheo de curiosidade, aprendizaxes e descubrimentos. Unha nova aventura, rodeada de animais, na que exploramos a contorna e convivimos en sintonía co mundo que nos rodea🌎

E para saber por onde comezar, que mellor que coñecer o que queren saber sobre a temática do PDI os nosos nenos e nenas, velaquí a chea de inquedanzas...


Listos para comezar👍, imos aló!





xoves, 16 de outubro de 2025

CONCURSO DE SAMAÍN

 Queda menos para celebrar a festa do Samaín!!👻 

A data máis terrorífica do ano👹👿

Por iso, lanzamos o noso I concurso de Animais Terroríficos.

Anímaste a participar?

👀Botade un ollo as bases do concurso






martes, 14 de outubro de 2025

Viaxe á creatividade, Xosé Vizoso

 O noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixo un achegamento ao deseño coas etiquetas das súas cubetas de aula.👌

Traballaron co "estilo" dun gran deseñador galego, Xosé Vizoso, coñecido por traballar máis de 40 anos en Sargadelos. 

Formas estilizadas, trazos sinxelos pero expresivos, cores vibrantes, elementos da cultura galega...

A partir das seguintes instruccións crearon o seu deseño:

- Observar a obra de Xosé Vizoso e identificar elementos que se repiten.

- Escribir o nome centrado con certo deseño na tipografía.

- Decorar o contorno con elementos da súa obra: animais, elementos galegos, cores vibrantes, siluetas coñecidas...

- Perfilar con marcador negro os bordes das figuras.

E estes foron algúns dos resultados

👇👇👇👇





Deseños moi chulos!!👍


RETO 1: O KAPLA

 Durante este curso Faiuco propón aos nenos e nenas diferentes retos mensuais para poñer en práctica as habilidades co material do polo creativo, inauguramos así un novo recuncho da nosa biblioteca:

💢OS RETOS DE FAIUCO💢

Reto 1: O Kapla


Dinámica: Coller unha tarxeta, tentar superar o reto proposto e se o consigo, asinar pola parte de atrás da mesma.

Material: Pezas de construccións e tarxetas coas propostas (colocadas por nivel de dificultade)

Destinatarios: Alumnado e familias

Variante: Que os nenos e nenas fagan eles as propostas para os demais compañeir@s.

Proceso: 





Bo traballo!

luns, 13 de outubro de 2025

Biblioteca escolar + deseño= Viaxe á creatividade

 Este curso escolar imos traballar co DESEÑO!!

Cartaz de Bibliotecas Escolares
Autor: Desescribir

Unha posibilidade máis para partir dende o alfabeto, como raíz, e xogar coas múltiples posibilidades do deseño.

É acompañante da comunicación escrita para achegar máis información de xeito atractivo, impactante, divertido, colorido, gráfico, sutil... aportando un sentido especial á mensaxe.

O deseño gráfico tamén transcende ao mundo do libro, na tipografía de letra do título, as labores de edición e maquetación, papeis, cubertas, encuadernacións... que fan que cada libro sexa único e diferente.

Cabe ter en conta a grandes artistas do deseño gráfico, Editorial Nós, Xosé Vizoso ou laboratorio de Formas, que lograron proxectar unha comunicación visual para transmitir outro tipo de mensaxe máis específico ou simplemente engadir máis información á hora de interpretar o texto.

Sumémoslle deseño ás bibliotecas escolares e enrolémonos nesta viaxe á creatividade!


martes, 7 de outubro de 2025

Voluntariado

 Aquelas nenas e nenos que así o desexaron, a maioría, asinaron hoxe os seus “contratos” para o voluntariado na Casiña de Faiuco.

 A labor das persoas voluntarias é fundamental para que a biblioteca poida funcionar e é labor e privilexio reservado aos maiores do colexio. 

Agardamos que esta tarefa dea os seus froitos e, do mesmo xeito que outros o fixeron por nós, este curso o alumnado de quinto e sexto axude a Faiuco a poñer a andar a súa casa.




Graciñas ao voluntariado pola súa boa disposición
 👏👏



BENVIDOS E BENVIDAS

 Estamos de volta!!

Faiuco está traballando arreo para que este comezo de curso sexa unha aventura máis.

Polo de agora, invítavos a visitar a Biblioteca. 

Está lista para que poidades compartir un rato ameno coas vosas lecturas😀


Ata pronto😊