martes, 2 de decembro de 2025

Fotografías participantes

 Rematado o mes de novembro, mes da Ciencia, termina o prazo para presentar fotografías para o I Concurso de Fototrampeo.

Un concurso que une a fotografía coa observación directa dun ser vivo no seu medio natural, capturando diferentes momentos: unha abella pousada nunha flor, unha píntega correndo baixo a choiva, un caracol alimentándose dunha folla de leituga, miñocas que aparecen nestes días húmedos... 

Froito desta proposta chegaron fotos moi bonitas e chamativas que deixan ver a implicación do noso alumnado e das súas familias nas dinámicas que propoñemos, estamos moi agradecid@s.

Sendo un avance máis no noso PDI "Que animalada!" pois unha parte fundamental para coñecer o reino animal é a observación.

Neste vídeo podedes ver as fotografías participantes, dádelle ao play



Moi pronto, coñeceremos os dous gañadores de cada etapa, EI e EP.

Estade moi atent@s as nosas redes sociais



Formación ao voluntariado

 No día de hoxe os nosos voluntari@s achegáronse á biblioteca para poñerse mans a obra coa colocación de libros📚

Os nenos e nenas voluntarias son parte do equipo da biblioteca e deben colaborar na dinamización e organización da mesma, por iso é moi importante ofrecer sesións de formación.

A Casiña de Faiuco está mudando ao KOHA, programa de xestión de bibliotecas, que implica algún cambio na catalogación, colocación e distribución da colección nas tres salas. Polo tanto, é hora de que o voluntariado se vaia familiarizando coa CDU ilustrada, que xa coñecían, a información dos tejuelos e a disposición dos distintos exemplares nos andeis.

Unha tarefa que a priori parece sinxela pero que necesita de moita práctica.

Pois ben, comezamos identificando os andeis de ficción, recordando a nosa clasificación de lectores por cores, cos de non ficción e como distribuimos os buses, da CDU ilustrada, polos distintos espazos.




Logo, identificamos a información dos tejuelos e "xogamos" a buscar libros. A idea era buscar a sección corresponde e colocar o libro alfabéticamente de acordo aos separadores dos andeis.









Pasiño a pasiño o noso voluntariado adquire responsabilidades na xestión da biblioteca 👏👏👏

Moi bo traballo 👌

Vivindo con eles, puro amor

No noso PDI "Que animalada!", as mascotas teñen un papel fundamental🐾

É a nosa realidade máis próxima ao mundo dos animais e en tódolos fogares, ou case todos, hai mascotas as que queremos un montón.

Para dar a coñecer as nosas mascotas aos demais compañeiros/as propuxemos encher o tendal do noso cole coas fotos destes animaliños tan prezados.

Sabemos o nome de cada un deles, a súa apariencia pero tamén que é o que máis lles gusta facer. Se ti tamén queres coñecelos, vén ao cole!!

Velaquí a gran familia do PDI "Que animalada"


E si, son un montón deles💛

Un bo inicio para comezar a falar de responsabilidade, compromiso e cariño cara os nosos animais.

Moi pronto, haberá máis novidades sobre o asunto😉