mércores, 6 de novembro de 2024

Fotografía gastronómica

Novembro é o mes da ciencia 
E no cole imos celebralo da man da fotografía e os alimentos, como o vedes?

Retratar de forma chamativa, suxerente, creativa e orixinal alimentos ou pratos elaborados, vai ser o noso obxectivo.

Será verdade eso que din "que comemos polos 👀"?? o que vemos con cores alegres, atractivas, con boa presentación...chama a nosa atención.
É agora o momento de fotografiar eses pratos ou alimentos!!
Participa no concurso
👇




Esperamos as vosas fotos!!

xoves, 24 de outubro de 2024

Oído cociña!

24 de outubro, día das Bibliotecas escolares: "Por un futuro sostible"

As bibliotecas escolares son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa para formar unha cidadanía crítica, activa e comprometida.

Buscamos que o noso alumnado teña unha idea da biblioteca como un espazo de coñecemento, de saber, de investigar, de crear, de compartir... por iso, neste día dedicado as nosas bibliotecas poñemos énfase na contribución que fan á sociedade.

Para celebralo que mellor que presentar o noso proxecto

Agora si!👏



 

 Que ten por obxectivo contribuír a formar unha sociedade máis igualitaria, mellor informada, solidaria, xusta e preocupada polo desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

Pero tamén, achegarnos ao símbolo de identidade que representa, a arte culinaria, a necesidade de buscar unha alimentación saudable, a coñecer técnicas de conservación de alimentos, a ler as etiquetas dos productos, clasificar alimentos,..  e unha morea de tarefas, retos, investigacións, saídas, exposicións... que quedan por diante.

Por onde comezamos? 😉polo principio, que sabe o noso alumnado do tema?🙈


Ademais, as mochilas viaxeiras comezaron a súa viaxe. Esperemos que gozedes moito con elas

MOCHILAS VIAXEIRAS

 

Moi pronto, máis novidades!


 

 

venres, 18 de outubro de 2024

Día das escritoras

 Como cada curso reivindicamos o labor e o legado das escritoras a través da historia, na data do 15 de outubro.

O noso alumnado quixo visibilizar o traballo das mulleres que escriben para saír á escena: as dramaturgas, que adaptan ou escriben textos  para montar obras teatrais.
 
Quixemos investigar sobre estas mulleres porque neste curso, Bibliotecas Escolares pon o seu foco no mundo artístico, no teatro 😆
 
Así pois, expuxemos as nosas investigacións sobre varias mulleres vinculadas ao mundo do teatro: Paula Carballeira, Gracia Iglesias, Emilia Pardo Bazán, Ánxeles Cuña e Elena Fortún.
Destacar a colaboración das mestras de Inglés e Relixión nesta tarefa 👏

Tamén, os máis pequenos do cole fixeron unha mención ao Kamishibai, como teatro de papel, onde se poden contar un montón de historias; no noso caso foi " Sopa Verde" de Ângela Madeira.
 
Neste vídeo tedes un anaco da exposicón do alumnado na Casiña de Faiuco.
 


 

 "A periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural"

apoiámos as mulleres que miran pola cultura galega e o mundo rural.

 

 Moi bo traballo!!

xoves, 26 de setembro de 2024

Novo camiño, nova aventura...

 Benvid@s A casiña de Faiuco, un curso máis comezamos unha nova aventura.😀

Primeiro de nada, facer unha mención especial aos nenos e nenas de 3 anos e as súas familias aos que recibimos con moito agarimo na, xa vosa, biblioteca.

                              
Mural de benvida do 1º andar

Faiuco está moi contento de vervos a todos e todas de novo polo cole e xa está tramando novos retos para o noso proxecto, pronto nos deixará caer algunhas pistas.

Estade atent@s! 😉

Logo dos recibimentos, toca anunciar a temática deste ano para as bibliotecas escolares; o Teatro.


Cartaz de Xoana Almar

Biblioteca escolar, a escena! ese vai ser o lema neste curso.

Coñeceremos todas as posibilidades que nos ofrece o teatro para saír á escena a gozar, interpretar,  radiar, ler e escribir.

E finalmente, anunciarvos  que A casiña de Faiuco retoma o seu horario de tarde, agás os martes.


Velaquí o aviso
👇


 
Esperámosvos a todos e todas!


Seguídenos en 

@bibliovirxedocorpinho

Ata pronto!!

xoves, 27 de xuño de 2024

Recomendacións lectoras

 Despedimos este curso de película

O noso trasno Faiuco deixa por aquí algunha suxerencia para estos días de vacacións, pero a oferta de libros é moi ampla, decidide vós.

o máis importante é non esquecerse de buscar un ratiño para gozar da lectura.




BO VERÁN!!

martes, 25 de xuño de 2024

Festival de película

 Siiii, chegamos á fase final do noso PDI!!

Por suposto que tiñamos que pechar esta investigación dun xeito espectacular 😅

🙆Un festival de película 

O último día de clase pasamos unha xornada de cine; con bailes, bandas sonoras de películas traballadas e coñecidas por todos e todas,  risas, maquillaxe, vestimentas de gala....e por si iso non fora suficiente organizamos unha entrega de premios Óscars.

Houbo varios traballos nominados nestas categorías pero só un se fixo co premio.

👉 Mellor posta en escena

👉 Mellor investigación

👉 Ao traballo máis orixinal e creativo

👉 Os mellores caracterizados no Entroido

👉Mellor representación artística


Fixeron entraga dos premios o alumnado de 6º EI, con axuda dos presentadores do festival.

Pero se tedes dúbidas do ben  que saíu todo, premede no video.


Logo, na Casiña de Faiuco esperaba unha exposición organizada en stands sobre o traballo no proxecto por cada grupo clase e nas aulas dos especialistas.

En cada expositor podíanse ver os traballos nominados nos premios Óscars, os recursos que se empregaron, os libros que foron traballados nas distintas aulas, a indumentaria empregada para as caracterizacións, o traballo do alumnado coa película " Mi vecino Totoro"...entre outras cousas.

Se vos fixades nas imaxes, hai un camiño de estrelas a modo de " Paseo da fama" como unha pequena homenaxe a todo o alumnado do centro pois fixeron un traballo espectacular. Cada estreliña personalizasa marca a pegada de cada neno ou nena neste proxecto.

Noraboa  a todos e todas polo esforzo e motivación na investigación que fixemos na Casiña de Faiuco.



Polo Creativo, no que se proxecta o video " Que é o cine para ti?", coñecendo as ideas previas do noso alumnado.


Expositor Educación Infantil


Expositor do 1º ciclo EP


Expositor do 2º ciclo EP


Expositor do 3º ciclo EP



Expositor da aula de Inglés


Expositor da película " Mi vecino Totoro"


Moitas gracias a toda a comunidade educativa pola vosa visita e colaboración,
A Casiña de Faiuco sempre ten as portas abertas para recibirvos.



sábado, 1 de xuño de 2024

Novas linguaxes

 Hoxe en día, son as bibliotecas  as que incorporan as novas linguaxes en distintos soportes e formatos: a robótica, os medios audiovisuais, os videoxogos, xunto cos libros de papel, os libros dixitais, a radio, a música, o cine e o conxunto de artes plásticas e visuais. 

As bibliotecas escolares, adáptanse aos novos usos sociais e crean espazos de encontros e de aprendizaxe compartido que configuran recunchos para a exploración, a investigación, a aprendizaxe experiencial, a invención e a expresión oral, escrita, plástica e audivisual. 

a nosa biblioteca pretende ser unha "biblioteca activa e inclusiva" e unha ferramenta para melloarar a práctica educativa. Porén, necesitamos da vosa colaboración respondendo a unha pequena enquisa.


                                                      

Para o alumnado       

Para as familias         

Para o profesorado


Moitas grazas!

Xunt@s é máis fácil!