martes, 23 de xuño de 2020

As tradicións de San Xoán

          Hoxe celebramos a noite máis máxica do ano: 

                 a    Noite Meiga

                                               ou   Noite de San Xoán.




     






       
Nestes enlaces podedes informarvos sobre a orixe desta celebración e as súas tradicións máis importantes.


 https://blog.mundo-r.com/gl/xente/tradicions-de-san-xoan













https://galiwonders.com/es/blog/la-noche-de-san-juan-la-galicia-mas-magica/





https://galiciangarden.com/las-siete-hierbas-de-san-juan/










luns, 22 de xuño de 2020

#NON O TIRES POLA BORDA

     Nenas e nenos tivestes unha conduta exemplar durante a pandemia da COVID-19.

     Este cómic axudaravos a recordar todo o que debedes ter en conta á hora de saír da casa.






Este libro de actividades tamén vos pode axudar.
Podedes descargalo no enlace.






https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/ciudadania.htm










domingo, 14 de xuño de 2020

PRÉSTAMO DE LIBROS PARA O VERÁN

               Estimadas familias,


     Sabedes que a lectura é moi importante.Sempre estamos insistindo en que os nenos e nenas lean un pouco todos os días porque, ademais de desfrutar coas emocionantes historias que contan os libros, axúdalles a mellorar a ortografía,a comprensión, a ampliar o vocabulario, etc.


     Por iso, imos facer préstamos dos exemplares que temos na biblioteca do cole para as vacacións de verán, os cales se interromperon debido ao estado de alarma.

     As familias interesadas en coller prestados libros, deberán comunicalo ás titoras respectivas (a través de WhatsApp ou do correo electrónico) para organizar a entrega o mellor posible.












sábado, 6 de xuño de 2020

MINDFULNESS PARA NENOS E NENAS

      Ola a todas e a todos!

      Xa case estamos na Fase 3. Isto vai lento, pero vai.

     Estades portándovos moi ben, así que parabéns e aplausos para vós. Xa queda menos!

     Sabedes que eu entérome de todo e ás miñas finas orellas chegaron comentarios de que, moitos e moitas de vós, tedes problemas para durmir, estades nerviosos, preocupados e, incluso, temerosos debido á situación pola que estamos atravesando.

     Para axudarvos a solucionar eses e outros problemas, imos probar o mindfulness. 
       
  • O mindfulness para nenos e nenas ten como principal obxectivo mellorar algunhas capacidades infantís desde idades temperás, como a empatía, a calma e a xestión das emocións. Tamén axuda a iniciar aos nenos e nenas no mundo da meditación, algo que lles brinda a oportunidade de conectar con eles e elas mesmos. O propósito final desta disciplina é que sexan máis hábiles á hora de desenvolverse na súa contorna. 




  • O principal beneficio da práctica de mindfulness desde a infancia pode observarse no desenrolo infantil, xa que os exercicios de respiración, meditación e atención plena que se realizan, facilitan o bo desenrolo das capacidades infantís.

A través da práctica de mindfulness, os nenos e nenas aprenden a estar presentes, a prestar atención, a empatizar cos demáis e cun mesmo, e a ser amables.




EXEMPLOS DE ACTIVIDADES

Vídeos en youtube (clicade nas imaxes)



TRANQUILOS Y ATENTOS COMO UNA RANA



YOGA CON LA VACA AISHA



domingo, 31 de maio de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2020


  •      O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Esta data foi establecida pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) en 1972, ano no que tivo lugar a Conferencia de Estocolmo, cuxo tema principal foi, precisamente, o medio ambiente.

  •      O seu obxectivo é sensibilizar a tódolos habitantes do planeta en temas ambientais.As actividades humanas levan décadas alterando o planeta e causando unha perda da biodiversidade nunca vista ata agora: incendios forestais devastadores, derretemento do xeo dos glaciares ou tala excesiva de bosques, son só algunhas das terribles catástrofes provocadas pola acción humana.Como consecuencia destes sucesos, elixiuse como lema deste ano 2020:                                                           "Celebrando a biodiversidade"

          A BIODIVERSIDADE ou, o que é o mesmo, a variedade de seres vivos do planeta, é base de toda a vida na Terra.A biodiversidade é, actualmente, un gran motivo de preocupación mundial en materia medioambiental, xa que poder dispor de auga limpa, aire puro, alimentos nutritivos, etc.dependen totalmente dela.
  •      Cada ano,un país diferente convértese en anfitrión do Día Mundial do Medio Ambiente.En 2020 tócalle a Colombia.



  •      Nestes vídeos atoparás máis información sobre as consecuencias que a destrución da biodiversidade está provocando.

               A  biodiversidade e os coronavirus  https://youtu.be/aach4X6CGtI


        Coronavirus -A message from nature https://youtu.be/2rr7u04m5Nc
                                                                   (en inglés)


  • Canto sabes sobre biodiversidade? Atrévete con este test (en inglés).
          https://www.worldenvironmentday.global/did-you-know/take-quiz


  •      Nestes enlaces atoparedes ideas para facer manualidades respetuosas co medio ambiente.

https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-con-materiales-reciclados/
  •      Una maneira moi fácil de axudar a coidar o medio ambiente, é usar ecosia.org como buscador.Soamente tes que descargalo no teu dispositivo electrónico e poñerte a navegar.Cada vez que o fagas, estarás axudando a plantar árbores.


                                            https://www.ecosia.org/

domingo, 17 de maio de 2020

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2020

 «Museos pola igualdade: diversidade e inclusión» é o tema para a edición de 2020 do Día Internacional dos Museos que se celebra cada 18 de maio .
     O obxectivo do Día Internacional dos Museos (DIM) é concienciar sobre a importancia dos museos como medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así como para o desenrolo da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos. 
      Debido a situación pola que atravesamos, o #DIM2020 celebrarase mediante a organización de actividades dixitais e en liña.

  • Nestes enlaces podes realizar unha visita virtual a  varios dos museos máis importantes do mundo. De balde e sen facer cola!
https://sincopyright.com/museos-virtuales/#lista-de-museos

https://elmundoporrecorrer.com/viajar-desde-casa-museos-tour-virtual/

https://viajes.nationalgeographic.com.es/lifestyle/museos-mundo-visita-virtual_13248/3


  • Se chegado a este punto, non tiveches dabondo, atrévete a viaxar virtualmente a lugares incribles. Que che parece un paseo por Marte?


https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/las-mejores-visitas-virtuales/


domingo, 10 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

O vindeiro 17 de maio festexamos o Día das Letras Galegas.

Este ano está dedicado a RICARDO CARVALHO CALERO.


 


Aquí tedes varios documentos con abundante información sobre a súa vida e obras.

https://drive.google.com/file/d/1nE-lr7YdJbYO2HTbDAOKgmnZdbqToBaz/view?usp=sharing













https://drive.google.com/file/d/1AyPFaMdMelKyfiozgRWTAXveI2OYRcKI/view?usp=sharing



Neste enlace podedes descargar varios modelos de marcapáxinas.

https://drive.google.com/file/d/1lQzWUaKRVmfhHRPzD62dsgQDuohe7izz/view?usp=sharing



Aquí tedes dúas actividades interactivas.

 Educación Infantil

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20



Educación Primaria

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020




Relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato “Conto”,cedido por Ed. Embora.

https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas



Cancións

https://aspitasbaixoachoiva.bandcamp.com/album/as-pitas-baixo-a-choiva