O 22 de abril celébrase o Día Internacional da Terra.
domingo, 25 de abril de 2021
DÍA DA TERRA.PLANTANDO NA HORTA.
sábado, 24 de abril de 2021
23 DE ABRIL.DÍA MUNDIAL DO LIBRO
venres, 16 de abril de 2021
CLUB DE LETRAS. A RESILIENCIA E A SUPERACIÓN.
Seguimos con máis actividades do Club de Letras.
Nesta ocasión traballamos a competencia emocional.
A profe Andrea falounos da resiliencia e da superación coa colaboración dun invitado peculiar: Connor, un can abandoado e maltratado, que foi capaz de saír adiante grazas aos coidados de profesionais veterinarios, da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo e de familias que o acolleron e o adoptaron dándolle a vida que se merece.
https://view.genial.ly/5fda6d5c37663f0d6c04eb00/presentation-historia-de-vida
https://www.facebook.com/ceipvirxedocorpinho/posts/450414809672715
mércores, 14 de abril de 2021
FIN DA VIAXE POR GUATEMALA
Que tal, rapazada?
Eu estou de baixón porque xa rematei a miña ruta por Guatemala.
A ver, na faia vivo de marabilla, pero paseino tan ben aprendendo un feixe de cousas e descubrindo lugares tan fermosos, que non me importaría seguir por acolá.
Para que a despedida deste incrible país resultase menos dura, tivemos a sorte de probar un prato típico da súa variada gastronomía: o SHUCO.
Queredes saber máis sobre esta especialidade? Visitade este enlaces:
https://aprende.guatemala.com/cultura-guatemalteca/cocina/receta-shucos-guatemaltecos/
mércores, 7 de abril de 2021
Día Internacional do Pobo Xitano
Hoxe celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano.
O pobo xitano, ou romaní, é orixinario da India.Estableceuse en case todo o mundo debido ao seu carácter fundamentalmente nómade, que aínda se rexe por leis propias e que se dedica como medio de vida á venda ambulante, á artesanía, a tratar con gando etc.
venres, 2 de abril de 2021
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.
O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil foi establecido polo Consello Internacional da Mocidade (IBBY) dende 1967 para inspirar o amor pola lectura e chamar a atención sobre os libros para a infancia e a xuventude.

Este é un día moi importante xa que a lectura promove a imaxinación e a empatía, abre novos horizontes, axuda a pensar e a mellorar o vocabulario.
Para celebrar este día tan especial podedes visitar unha biblioteca, organizar unha sesión de lectura en familia, recitar poesía, etc.
Nestes enlaces atoparedes moitas novidades:
https://www.hola.com/ninos/galeria/20210331186909/libros-infantiles-juveniles-novedades-2021-swng/1/