O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil foi establecido polo Consello Internacional da Mocidade (IBBY) dende 1967 para inspirar o amor pola lectura e chamar a atención sobre os libros para a infancia e a xuventude.
Escolleuse o 2 de abril, por coincidir co aniversario do poeta e escritor danés Hans Christian Andersen, autor de famosos contos coñecidos en todo o mundo e traducidos a máis de 80 idiomas.
Cada ano, unha Sección Nacional diferente é a patrocinadora internacional do día. En 2021 é a sección de Estados Unidos (USBBY), e a escritora elixida é Margarita Engle, autora cubano-americana.
O lema elixido foi «A música das palabras» con ilustración de Roger Mello, nacido en Brasília e gañador, entre outros, do Premio Andersen en 2014.
Este é un día moi importante xa que a lectura promove a imaxinación e a empatía, abre novos horizontes, axuda a pensar e a mellorar o vocabulario.
Para celebrar este día tan especial podedes visitar unha biblioteca, organizar unha sesión de lectura en familia, recitar poesía, etc.
Nestes enlaces atoparedes moitas novidades:
https://www.hola.com/ninos/galeria/20210331186909/libros-infantiles-juveniles-novedades-2021-swng/1/
Ningún comentario:
Publicar un comentario