"Adopta Un Abuelo" é unha ONG que nace en Cidade Real en xaneiro de 2013 cando Alberto -un rapaz de 25 anos- coñece a Bernardo -de 86-, viúvo e sen fillos, que lle confesa que o seu maior desexo é ter un neto. Alberto contéstalle que está disposto a <<adoptalo>> como avó.
Ás nenas e nenos de 4º e 5º pareceunos unha iniciativa moi fermosa e decidimos colaborar na súa proposta La felicidad llega en un sobre, consistente en escribir cartas a persoas maiores que viven en residencias e se senten moi soas porque non reciben visitas.
Foi unha experiencia estupenda.Desexamos que os maiores desfrutasen moito lendo esas cartas e que se sentisen queridos e acompañados.
https://adoptaunabuelo.org/una-carta-para-un-abuelo/
Ningún comentario:
Publicar un comentario