Dende o comezo da pandemia da COVID-19, foron moitas as persoas que coidaron e seguen coidando dos demais na casa e, por suposto, nos hospitais e nos centros de saúde. Pero tamén precisaron -e precisan- atención, as persoas dependentes dos centros de día, das residencias de maiores e aquelas que viven soas.
Unha grande maioría de coidadores profesionais son mulleres. Isto non é algo novo, xa que o levan facendo dende a Prehistoria.
Por iso, dentro do proxecto do "Club de Letras", non podía faltar unha lembranza para estas heroínas cotiás.E a mellor maneira que se nos ocorriu, foi invitar a tres nais que traballaron ou traballan nunha residencia de maiores, nun centro de día e en domicilios particulares, respectivamente, a compartir connosco as súas experiencias durante esta terrible situación.
A súa resposta non se fixo esperar e, a través do seu testemuño, comprobamos que fixeron enormes sacrificios a nivel persoal para cumplir co seu traballo e que viviron momentos moi duros.
Botádelle un ollo ao vídeo.
https://www.facebook.com/ceipvirxedocorpinho/posts/427658201948376
MOITAS GRAZAS A:
Ana Gabriela, nai de Elenna de 4º.
Alba, nai de Karla e Arón de 4º.
Nuria, nai de Daniela de 5º.
Ningún comentario:
Publicar un comentario