Traballando a conciencia emocional adquirimos vocabulario emocional que
nos facilitará a comunicación, a expresión e a identificación de emocións e
sentimentos.
Comezamos vendo o documental "El viaje del Emperador"; a continuación,
realizamos varias actividades de reflexión sobre algunhas situacións
significativas deste.
https://www.documaniatv.com/naturaleza/el-viaje-del-emperador-video_27bf389eb.html
Este documental amosa a impresionante marcha de centos de pingüíns emperador que cada ano percorren máis de 100 quilómetros desde a costa ata o interior da Antártica, desafiando o frío inverno, perigos e o axexo de depredadores, para chegar ao lugar de apareamento e onde poñen os seus ovos.
Logo, mentres os pais quedan a cargo de incubar en espera do nacemento das crías, as nais camiñan cara á costa en busca de alimento para regresar novamente onde as súas familias a relevar aos pais e alimentar aos pequenos pingüíns.
No vídeo podedes ver un resumo do noso traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario