O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o "Acoso Escolar" ou "Bullying", co obxectivo de concienciar sobre os riscos deste, así como de buscar os mecanismos para evitalo dado que se converteu nun terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil.A data foi establecida por asociacións de nais e pais e diversas organizacións non gobernamentais. O "bullying" ou "acoso escolar" é a forma de comportarse con outra persoa, xa sexa de palabra ou fisicamente, causando un dano temporal ou permanente na vítima.A persoa acosada sofre ameazas, insultos, agresións físicas, etc. por parte dun ou máis individuos. Segundo estudos realizados por UNICEF, unha alta porcentaxe de nenas e nenos en todo o mundo sofre de acoso escolar. | |
domingo, 2 de maio de 2021
DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario