"Cara a unha escola imaxinada"
Os nenos e nenas de Educación Primaria, participaron nos talleres dos mestres Vicente e Salvador, Artistas e profesores da área de Expresión Plástica na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.
A creatividade e o "facer" en libertade, explorando con diferentes técnicas e xogando con distintos materiais, mantiveron ao alumnado feliz, traballando e aprendendo na aula multiusos de noso centro. Descubremento para o alumnado e formación para o profesorado!
E como gustaron tanto estas ideas, na clase de 5 anos coñeceron o blog destes mestres "Escola imaxinada" e recrearon unha das súas actividades de arte tridimensional: construcións con cartóns. Construíron así, aquelo que desexan ter na súa cidade: museos tobogáns, parques acuáticos, veterinarios con parques de atraccións...
Vaia artistas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario