Día Mundial do Síndrome de Down
-21 de marzo-
Como anunciáramos, foron numerosas as actividades e tarefas ao longo destes meses para concienciar ao noso alumnado nas diferentes capacidades:
- Saberes previos, "torbellino de ideas".
- Visionado de vídeos, coñecemento e reflexión
- Xogos de roles e dramatizacións.
- Investigación e posta en común.
- Lecturas traballadas
- Vídeos traballados
Gustoulle moito a serie "El mundo de Pau" de RTV, son 12 episodios. Si clicade na imaxen podedes acceder ao enlace.
No 21 de marzo, Día Mundial do Síndrome de Down, lanzamos a seguinte proposta.

Nesa semana do 21 de marzo, tivemos a visita de Nuria e Ismael, profesionais da Asociación Síndrome Down Lugo @downlugo. Con monicreques, vídeos e xogos achegáronnos un pouquiño máis á realidade das persoas con este síndrome.
E así, de a pouquiño, vamos comprendendo a importancia da diversidade, da inclusión e da integración das persoas con capacidades diferentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario