Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller 💜
Durante esta semana nas distintas aulas traballamos sobre a importancia de eliminar a violencia, en concreto cara nenas, mozas e mulleres.
Xa que, a días de hoxe, temos que seguir propoñendo accións para denunciar as inxustizas que sofren centos de mulleres.
Queremos dicir ben alto " estamos fartas".😡
Ao fío disto, o alumnado de Educación Primaria participou no concurso de lemas para o 25N. Na exposición que se fixo ao carón das lecturas recomendadas, puidemos percibir a orixinalidade, rabia, boa intención, compromiso, reivindicación... das propostas.
Velaquí a mostra.
Ao mesmo tempo o alumnado de Educación Infantil traballaba nunha liña máis cercana a súa realidade, os xogos e xoguetes. Os estereotipos de xénero que fomentan roles que favorecen as desigualdades.
A través de catálogos de xoguetes, os nenos e nenas facían unha primeira clasificación que despois de falar, debatir, expoñer experiencias propias...chegaron a conclusión de que NON HAI XOGOS NIN XOGUETES PARA NENOS OU NENAS.
Recibimos a invitación de participar nun acto que organiza o concello para conmemorar a importancia de eliminar calquera tipo de violencia cara a muller.
Os nenos e nenas de 5º e 6º EP leron un pequeno manifesto e entre todos e todas elaboramos un lazo morado xigante colocando un tras outro os roliños de papel que fixéramos na escola.
Cada roliño leva escrita unha palabra en positivo para erradicar a violencia.
Co minuto de silencio na praza, arroupados por veciños, familias e persoal do concello finalizou o acto.
Se queredes ver en imaxes a semana dedicada ao 25 N, dádelle ao Play.
SE DOE NON É AMOR
(ROSA 4º EP)
Ningún comentario:
Publicar un comentario