Os nenos e nenas de Educación Infantil seguen a gozar das súas sesións na Casiña de Faiuco, contando as historias dos contos que levan as súas casas.
Nesta ocasión era a quenda de Irati, de 3 aniños, que levantou a man para facer a Cadeira Vermella pero.... a vergoña, os nervios, a presión das miradas e non sei cantas máis cousas lle pasaron pola cabeza que non se viu con forzas.
Pero, se algo temos claro é que hai que axudar 👥
Ares, moi voluntarioso, fixo que a historia puidera contarse.
Traballo en equipo, non si?
Non hai moito máis que dicir, escoitade a esta parella contando a historia dunha dragona con moi mal espertar 😉
Recomendación: 🔈🔉🔊
Mil grazas Irati e Ares por compartir con nós esta historia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario