Durante tres venres deste mes de novembro o alumnado de 5º e 6º EP participa nunha formación de creación e edición de vídeo📹
Froito dunha colaboración da nosa escola co Belén de Begonte nacen estas xornadas audiovisuais, coa finalidade de darlle ferramentas ao noso alumnado para participar no Certame Audiovisual que organizará o Belén de Begonte na próxima tempada.
Unhas sesións moi entretidas na sala de robótica a cargo de Begoña Pérez. Puideron achegarse un pouquiño máis á produción, edición e gravación dunha curta; comezando por distinguir os tipos de planos que hai e como empregalos na escena.
Velaquí algunhas fotiños que rescatamos do blogue dos maiores do cole "terceiroCICLO" sobre a xornada do pasado venres.


Ningún comentario:
Publicar un comentario