O venres, 6 de marzo, homenaxeamos a Jane Goodall unha muller símbolo do liderado feminino, perseverancia e ruptura de barreiras no ámbito científico.
Tendo presente o noso PDI "Que animalada!" buscamos que neste día de reivindicación pola igualdade da muller puideramos seguir coñecendo máis dos animais, porén co estudo a fondo dos chimpancés🐒🐒 coñecemos a Jane Goodall👵
Pioneira na ciencia polas súas achegas ao reino animal; demostrando que estes animais tiñan estructuras familiares sólidas, expresaban emocións e fabricaban as súas ferramentas. Inspiradora pola súa traxectoria na historia como exemplo de empoderamento feminino e unha fiel defensora do planeta.
Unha muller que nos ensinou a escoitar a natureza🌎, a entender a ciencia dende a empatía, a entender que cada acción co medio importa e que a pasión é o motor do coñecemento.
E cunha exposición coas investigacións da súa vida poñemos en valor a súa labor científica na selva de Tanzania.
Os maiores da escola fixeron unha liña de vida, nunha árbore🌿, mostrando os acontecementos máis importantes da súa vida.
Os encargados de indagar sobre os seus descubrimento e investigación cos chimpancés foron os nenos e nenas de 3º e 4º EP, mostrando as ferramentas que fabricaban, o modo de vida e as emocións que expresaban.
Os alumnos e alumnas do 1º ciclo de EP fixeron unha recreación dos utensilios que levaba na mochila para acampar en Gombe, onde pasaba meses ao carón dos 🐒 para poder comprendelos e interacionar con eles.
Finalmente, o alumnado de EI traballou cos membros da familia F, o liñaxe de chimpancés máis coñecido que ela estudou. Comezando pola matriarca Flo, pasando polos seus fillos, coñecendo as crías da súa filla Fifí e indagando sobre as súas relacións de parentesco.
Neste vídeo podedes ver un resumo da exposición oral que fixo o noso alumnado na biblioteca para poñer en común as achegas á vida de Jane Goodall
.png)

Ningún comentario:
Publicar un comentario