mércores, 14 de outubro de 2026

Voluntariado

 ...si! Paso a paso vamos dinamizando e organizando este espazo.

As nenas e nenos de 5º e 6º EP comezaron hoxe coa formación como voluntarios da Casiña de Faiuco.


Unha tarefa que leva consigo responsabilidades, ás que nos temos que comprometer 🔐

É por iso que, despois de asistir a esta formación aquelas nenas e nenos que desexen formar parte do equipo do voluntariado asinará un contrato, no que asume os compromisos.

Neste primeiro achegamento recordamos as normas das salas da biblioteca e mostramos as tarefas que deben desempeñar:

👉 Participar na organización das salas para distintas actividades.

👉 Facer valer as normas das salas, sendo elas e eles un exemplo do bo facer.

👉 Presentar as novidades á comunidade educativa.

👉 Ofrecer a posibilidade de levar nenas e nenos de infantil á biblioteca nos períodos de lecer, por quendas.

👉 Encargarse da orde e recollida de material na sala de lectura durante o lecer.

👉 Sacar as cestas de lectura ao patio

👉 Axudar na colocación dos libros nos andeis

👉...

Aproveitamos para explicar a orde da colección nos andeis, catálogo de cores, tejuelos... que lles vai axudar a poder participar na colocación de libros.

 

Continuaremos...

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario