O alumnado de infantil, conmemorou o Día do Libro cunha variedade de historias!
Amosando publicacións coa etiqueta 23A Día Internacional do Libro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 23A Día Internacional do Libro b>. Amosar todas as publicacións
venres, 29 de abril de 2022
martes, 26 de abril de 2022
Recital de lecturas na Casiña de Faiuco!
Nesta semana continuaremos realizando numerosas actividades para seguir conmemorando o Día do Libro en colaboración co Concello de Begonte.
Lecturas en Castelán co libro "Lazarillo de Tormes"; en galego, co libro "As aventuras de Breogán Folgueiras" e en inglés, co autor William Shakespeare.
ESPERÁMOSVOS!
luns, 25 de abril de 2022
23A Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor
"Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo"
Bibliotecas escolares
Dende Bibliotecas Escolares Galicia, acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual.
Neste ano, ao escritor, editor e tradutor Xosé Ballesteros, quen creou o texto original do tríptico, cedido para a difusión do Día do Libro, esa marabillosa viaxe colectiva que inician autores e autoras, ilustradores e ilustradoras, con parada en editoriais, imprentas, librarías, para atopar, finalmente, porto seguro nas nosas bibliotecas escolares.
Por que se celebra nesta data?
O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, foi fixado nesta data pola Unesco en 1995, porque é xusto ao redor desta data, o 23 de abril, cando morreron tres grandes da literatura universal: Miguel de Cervantes (morreu o 22 de abril e foi enterrado o día 23), William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega.
Con todo, moi pouca xente coñece a orixe española desta inciativa ou o feito de que nos seus inicios festexásese nunha data moi diferente: o 7 de outubro, cando se cría que nacera o creador do Quixote.
Que é un libro para ti?
sábado, 23 de abril de 2022
23A Día Internacional do Libro
Para conmemorar este día e rematando a Semana do Libro, o noso alumnado tivo "unha cita a cegas cun libro"!
Así de ben o pasaron!
Feliz Día do Libro!
martes, 19 de abril de 2022
Semana do Libro
Hoxe comenzaron os Obradoiros na "Casiña de Faiuco" para conmemorar o 23 de abril, Día Internacional do Libro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








.png)




