Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Digicraft. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Digicraft. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de xaneiro de 2025

Pastillero Inteligente

SUPER RETO DIGICRAFT!

As nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria quixeron participar no Super Reto Digicraft.

Nesta convocatoria, o reto proposto foi crear unha maqueta interactiva e sostible para axudar a aqueles colectivos propensos a ter un acceso desigual ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) a superar a fenda dixital.

A solución aportada consistiu nunha caixa para pastillas intelixente, a cal facilitaría tomar correctamente a medicación diaria a persoas maiores e/ou con algún tipo de discapacidade auditiva ou visual. Dito prototipo contribuiría tamén a acadar o ODS 10 da Axenda 2030: a redución das desigualdades.



Bo traballo, rapazada!

 

luns, 20 de xuño de 2022

Proxecto Digicraft!


 Nesta actividade, o alumnado de 3º e 4º, usaron o detector de sons fortes para que Zowi actuase como un dado electrónico. Despois, xogamos a programalo para que chegase a un punto determinado.





mércores, 11 de maio de 2022

SuperReto Digicraft

 Como anunciaramos, o alumnado de 3º e 4º, xunto a súa titora, a coordinadora do proxecto e o director do centro, acudiron  ao 

I Congreso da innovación educativa e dixital -Dixinova 2022-

Presentaron o seu proxecto ao xurado, compartiron obradoiros de robótica, programación e realidade aumentada, e asistiron a unha charla con David Aguilar @handsoloofficial. Escoitaron en primeira persoa, a súa historia de superación e como construíu a súa propia prótesis con pezas de Lego. Todo un exemplo!







Unha gran experiencia! 

Parabéns a todo o grupo polo seu traballo!



xoves, 5 de maio de 2022

E mentres tanto...


 Digicraft Pescavirus!


Remataron o itinerario traballando a seguridade nos nosos dispositivos informáticos pescando virus. Parece doado pero tiveron que ter coidado de non pescar tamén as aplicacións!




Novidades no proxecto Digicraft!

 

O noso cole foi seleccionado para a fase final autonómica do SuperReto DigiCraft 21-22, co proxecto de robótica e programación "Zowi e a incubadora móbil", ideado polo alumnado de 3º e 4º de educación primaria, ao abeiro do programa "digicraft no cole".



A fase final, terá lugar o vindeiro mércores 11 de maio no Edificio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, onde os nosos nenos e nenas presentarán o seu proxecto acompañados pola mestra coordinadora do programa, a súa titora e o director do centro. 




PARABÉNS!



domingo, 27 de marzo de 2022

Espazo Maker - Proxecto Digicraft -

 En 4º curso, iniciámonos na Robótica creando os nosos propios robots con materiais de refugallo e programándoos mediante tarxetas de movemento.




venres, 21 de xaneiro de 2022

Espazo Maker


Proxecto Digicraft


Axudamos a Patatín a atopar as cores duns obxectos que un malvado mago agochou en palabras de varios idiomas.
Foi un verdadero reto empregar unha aplicación para traducir as palabras con realidade aumentada e averiguar a cor correcta de cada obxecto.