Na semana da prensa 📜 instalamos un quiosco na nosa biblio.
Faiuco propuxo un novo desafío para dar a coñecer as revistas de animais📂, diferentes exemplares con temáticas diversas sobre o reino animal.
🔔Faiuco deixou nas portas de cada titoría diferentes retos para que o alumnado se parara a coñecer o contido das revistas e puxera atención na información que obtiñan.
Había artigos de alimentación, sobre curiosidades de bechos, mecanismos de defensa, relacións sociais na manada, artigos sobre razas de cans, horas de descanso...
Este reto implica:
💨 Manexar o índice e coñecer a temática dos distintos artigos.
💨 Ler con atención para atopar datos específicos, comprensión lectora.
💨 Identificar a revista coa temática do reto.
💨 Fixarse nos detalles: fotografías ou titulares.
💨 Saber respostar aos retos despois de ler o artigo.
💨 Achegarse ás revistas especializadas
Velaquí os retos para Educación Primaria
E outros para o alumnado de Educación Infantil con retos focalizados en atopar fotos, contar patas, buscar insectos, animais pequenos, excrementos...
Nesta actividade descubrimos que as revistas son unha ventá increíble para ver o mundo. Non sendo só un entretemento senón unha fonte de información experta e rigurosa, tendo infografías e imaxes que axudan a comprender o texto e por suposto activan a nosa curiosidade.
Durante a semana pasada o noso alumnado visitou o quiosco da biblio!
A prensa ten como función destacada informar sobre diferentes aspectos pero tamén é capaz de persuadir, promover, formar unha opinión, educar, entreter... por iso debe estar presente nas bibliotecas escolar.
Algunhas das razóns polas que debemos traballar coa prensa nas aulas son:
📜 Desenvolvemento da escritura.
📜Impulsar a investigar.
📜Despertar o interese polos medios de comunicación.
📜Estimular a lectura.
📜Propiciar o ordenamento de ideas para redactar ou expresar.
📜Axuda a fomentar a capacidade crítica.
📜...
É por elo que elaboramos un novo número da " Voz do Corpiño", cunha recopilación de novas próximas ao noso alumnado.
Por suposto, tivemos en conta o proxecto "Oído Cociña!""
Queda a vosa disposición para lelo na Casiña de Faiuco.
Do 4 ao 8 de marzo, celébrase a Semana da Prensa nas escolas galegas. Porén, na "Casiña de Faiuco", estivo listo o noso pequeno quiosco con periódicos nacionais e internacionais.
Ao longo destes días, o noso alumnado traballou en distintas actividades relacionadas coas noticias e a prensa escrita.
En Infantil, fixeron moi entusiasmados, a sección dos pasatempos.
Próximamente serán publicadas na "Voz do Corpiño",
Nesta semana, do 6 ao 10 de marzo, unha vez aberto o "Quiosco" da Casiña de Faiuco con prensa e revistas de distintos países e diferentes linguas, comenzaron as visitas. A Escola de Idiomas de Lugo, tamén achegou xornais noutras linguas.
No grupo de 3 e 4 anos, manipularon e observaron prensa, logo recortaron letras para poñer os seus nomes.
No grupo de 4 e 5 anos, manipularon e observaron xornais e revistas de diferentes idiomas (diferenciando noticias en inglés, castelán e galego) e logo fixeron un mural.
No grupo de 1º e 2º curso, traballaron o "pé de páxina" e descubriron a importancia da fotografía para ilustrar as noticias.
No grupo de 3º e 4º curso, no ámbito da competencia emocional, traballaron o xornal en grupos colaborativos. Xurdiron temas como o feminismo, a contaminación, a intolerancia...
No grupo de 5º e 6º curso, seleccionaron unha noticia que logo expuxeron aos seu compañeiros e compañeiras.
Imprimiouse a nova edición de A VOZ DO CORPIÑO - O xornal de Faiuco - que o alumnado repartiu á salida do cole.
Cada grupo de Educación Primaria, traballou sobre os xornais do "quiosco" da biblioteca e fixo a súa propia investigación para poder darlle forma a cada unha das noticias e vinculalas cos obxectivos da Axenda 2030.
E para rematar a tarefa, o alumnado de 5º repartiu exemplares a saída do cole! Toda unha festa!
Os nenos e nenas de 4 anos, experimentaron cos xornais e coas noticias. Moi concentrados e traballando en equipo!
O grupo de 1º e 2º, miraron e analizaron as noticias dos xornais do "quiosco" da "Casiña de Faiuco" e descubriron que primeiro hai que investigar e obter información. tomaron apuntamentos e deronlle forma a súa "noticia" sobre o ods 12, consumo e produción sostible.
aproveitando que tiñan o periódico "El Progreso", na clase de 3º e 4º analizaron as distintas partes dun xornal, portada, contraportada, as distintas seccións...
E en breve terán rematada a noticia para "o xornal de Faiuco" sobre o ODS 11!
Do 7 ao 11 de marzo se festexa a Semana da Prensa na escola.
Preparamos noso propio quiosco na "Casiña de Faiuco" coa intención de que noso alumnado aprenda a experimentar cos xornais e coas revistas na biblioteca.
E organizamos distintas actividades!
En 6º curso foron ata o "noso quiosco de confianza" para coñecer as últimas novas da prensa nacional e internacional.
E é que "para saber, andar ou ler".
Os nenos de 3 anos, aproveitando a Semana da Prensa e o Día da Muller, Recortaron fotos de mulleres que aparecían no xornal e pegáronas nunha silueta.
Remataron o mural con recortes formando o lema,
TODOS SOMOS UNHA!
As alumnos e alumnos de 5º, quixeron coñecer de preto o papel dos antigos vendedores de xornais de principios de século XX. Buscaron información, visionaron algún vídeo e dramatizaron unha escea dun posto de venta.
Convertéronse nuns auténtic@s "voceadores de prensa"!
Aínda seguimos traballando sobre a prensa, os textos xornalísticos, a diversidade e a pluralidade de noticias e opinións.