domingo, 6 de febreiro de 2022

Xogar e aprender!

Os peques de 4 anos, aprenden novo vocabulario co libro "O Abecedario travieso" a través de vistosas ilustracións buscan a palabra intrusa.



 

 o noso espazo "Os booktubers de Faiuco" sigue medrando Grazas a todos os nenos e nenas de noso cole que recomendan as lecturas que máis lle gustan!




venres, 4 de febreiro de 2022

Novos fondos!



 


2F Día da Candeloria

 

"Cando a Candeloria chora...
medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar".

Son numerosos os ditos e refráns que aluden á celebración da Candeloria. A orixe desta celebración habería que buscala nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza. 

O feito de que xa se vexan os primeiros xermolos (non andan lonxe a primaveira), fai que a data da Candeloria adquire outro simbolismo: acostuma dicirse que é o tempo que casan os paxariños.

Os nenos e as nenas de 6º de EP, traballaron esta festividade a través do Poema "A Candeloria" de Luis amado Carballo:









xoves, 3 de febreiro de 2022

Pequenos contacontos!


No Plan de Lectura do presente curso, marcamos como obxectivo fomentar a renarración de contos. Porén, cada día de préstamo, na Casiña de Faiuco, un dos nenos ou das nenas de EI, sentan na cadeira vermella (especial para narrar historias) e renarran un conto dos que levaron para as súas casas. Nesta ocasión, os máis peques do cole, desde a súa aula, comezan esta nova iniciativa. 

Shhhhh! Escoitemos a Alis e a Bruno!





Que ben o fixeron! 


Uns días despois, visitaron a Casiña de Faiuco e así de lectores estaban no Recuncho de Infantil!





3F Día Mundial da Lectura en Voz Alta


Coincidindo co Día da Paz, os nenos e as nenas de 5º de EP, quixeron ler as súas reflexións sobre que poden facer para lograr un mundo mellor. 




30 de xaneiro


- DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ -

Parte I


No Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e de entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a harmonía, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz son motivos para lembrar especialmente nesta data que coincide coa morte de Mahatma Ghandi (1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza.

No noso cole, cada grupo de alumnos e alumnas traballaron a Paz con actividades variadas de investigación e reflexión para logo concluír cunha produción conxunta baixo o lema:


A PAZ CONTRUÍMOLA ENTRE TODOS E TODAS


´

En Educación Infantil, axudaron aos trolls a recoñecer como se sinten as distintas partes do corpo cando están contentos ou amorosos, para que saiban identificar as súas emocións e lles axude a sentirse ben con eles mesmos e cos demais. 




  




O alumnado de 6° primaria tamén traballou na área de relixión católica.



Aínda queda por compartir a Parte II!