Amosando publicacións coa etiqueta Renarración de contos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Renarración de contos. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de maio de 2022

Pequen@s contacontos!

 A pequena Paula, sentouse outra vez na "cadeira vermella" para falarnos de instrumentos musicais e sons. 


Autora e ilustradora: Marion Billet


Graciñas Paula!


domingo, 3 de abril de 2022

Pequen@s contacontos!


Continuamos con este pequeno proxecto que ten o conto como estratexia para o desenvolvemento da linguaxe oral.
E como xa sabedes, ao alumnado de Infantil gústalle moito contar historias na "cadeira vermella"!


En 3 anos, Paula contounos o conto "Voy a comedte"



Autor: Jean-Marc Derouen
Ilustrador: Laure du Faüy



En 4 anos, Sara renarrounos... 



Autor. Ilan Brenman
Ilustrador: Ionit Zilberman




E por último, escoitamos un anaco da historia que contounos Luz de 5 anos!


Autor: Xerardo Quintiá
Ilustrador: Maurizio A. C. Quarello


Que ben o fixeron os tres!


mércores, 30 de marzo de 2022

Pequen@s contacontos!


 Faiuco está super feliz! Na "cadeira vermella", sentan de seguido nenos e nenas con moitas ganas de contar contos! 

Uxía de 5 anos, cóntanos "O coellino branco"!




Que atentos tod@s! Bravo Uxía!




Autor: Xosé Ballesteros 
Ilustrador:  Óscar Villán


domingo, 27 de marzo de 2022

Xornada lectora na aula exterior!

 

Os peques de tres gozaron da lectura rodeados das árbores do bosque de Faiuco. A súa primeira experiencia na aula exterior! Que entretidos estaban!








Shhh! Orellas atentas!



Moi ben Leire!



luns, 21 de marzo de 2022

domingo, 20 de marzo de 2022

A cadeira vermella!

 Outra entrega dos pequen@s contacontos de EI. 

A "cadeira vermella" segue cumprendo coa nosa iniciativa de renarración de historias.

En tres anos, escoitamos a Paula e Samuel!






Que ben o fixeron! 


    


xoves, 3 de febreiro de 2022

Pequenos contacontos!


No Plan de Lectura do presente curso, marcamos como obxectivo fomentar a renarración de contos. Porén, cada día de préstamo, na Casiña de Faiuco, un dos nenos ou das nenas de EI, sentan na cadeira vermella (especial para narrar historias) e renarran un conto dos que levaron para as súas casas. Nesta ocasión, os máis peques do cole, desde a súa aula, comezan esta nova iniciativa. 

Shhhhh! Escoitemos a Alis e a Bruno!





Que ben o fixeron! 


Uns días despois, visitaron a Casiña de Faiuco e así de lectores estaban no Recuncho de Infantil!