Amosando publicacións coa etiqueta Educación Infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación Infantil. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de marzo de 2026

E ti, sabes que animal é?

 En Educación Infantil afianzamos a lectoescritura, practicamos o conteo, melloramos a coordinación fina co modelado e traballamos en equipo nesta actividade enmarcada no PDI " Que animalada!"🐾

Si si, fixemos todo iso!!

Comezamos buscando información nos contos e libros de divulgación que temos na biblio. Na hora do conto aproveitamos para seguir coñecendo máis dos animais. Gústanos moito saber deles 😁😁 

📙1, 2, 3 ¡A contar cacas! de Géraldine Collet achéganos a forma das cacas que ten cada animal e faino dende a máis pequena a máis grande.

📘Museo animal de Nadia Belhadj que fai que viaxemos por diferentes salas dun museo e poidamos saber máis dos dentes dos bechos, dos ovos, dos esqueletos, dos excrementos, das pegadas... 

📗O libro dos cus de Eva Manzano foi un toque de humor aos tipos, formas, texturas que teñen os cus dos animais.

Porén traballamos cun contador de cacas, clasificamos animais segundo as accións que poden realizar (nadan, saltan, trepan...), identificamos pegadas co nome do animal, modelamos pegadas de bechos con plastilina... e todo iso para propoñer un pequeno xogo.

Simulamos un paseo no que nos atopamos pegadas de animais e debemos  identificar quen foi o que pasou. Para que sexa máis doado, deixamos unhas tarxetas con pistas nas que describimos como é ese animal.

Poderás facelo?


Namentes, nós seguimos aprendendo máis do reino animal.

Deica outra 👋👋👋


venres, 24 de marzo de 2023

21M -Día Mundial da Poesía-

 



 

A conmemoración deste día, é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e a pintura, en resumo, aumentar a súa visibilidade.

Neste sentido, o noso alumnado comparte textos poéticos de Federico García Lorca.




Inician os pequenos da aula de 3 e 4 anos co Poema, "canción bonita".



Que ben o fixeron!

 

E continúan o resto do alumnado co este podcast que recopila os poemas elexidos por cada grupo.







Nesta ocasión, o alumnado de 5º e 6º curso encargouse de decorar a pizarra da entrada da Casiña de Faiuco con poemas acuáticos do libro "Bechopoemas e outras bestas" de Leire bilbao.









domingo, 12 de marzo de 2023

Pequen@s contacontos

 Na aula de 4 e 5 anos seguen coa actividade a cadeira vermella!

Desta vez, Pablo contounos o conto "El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser Rosa". Unha fermosa historia que trata de romper estereotipos marcados pola sociedade nos que o azul é a cor dos nenos, e o rosa a cor das nenas, para ensinarnos que cada un pode escoller a cor que máis lle guste.






Xenial Pablo!


venres, 18 de novembro de 2022

Os pequen@s contacontos!


 Neste trimestre,  comenzamos coa "cadeira vermella"!

Sara de 5 anos e Samuel de 4 anos, foron os renarradores de historias! 





Que ben o fixeron!



martes, 7 de xuño de 2022

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

 O noso PDI está chegando ao final!

Na hortiña de Faiuco, xa hai novidades!

Os nosos alumnos e alumnas cóntannos todo o que aprenderon. Se Clicades en "Actividades", no Índice  atoparedes a actividade O que aprendimos! Podedes velo alí!



sábado, 21 de maio de 2022

17M Día das Letras Galegas - II parte -

 

Xa está con nós a última edición de...


A VOZ DO CORPIÑO

- O xornal de Faiuco -



En cada aula do noso centro traballouse sobre distintos puntos en relación ao "Día das Letras Galegas 2022" e ao seu homenaxeado  Florencio Delgado Gurriarán.

Toda a información e as actividades quedan reflectidas no xornal e no mural principal do noso cole. 




E tamén, o alumnado de 5º curso, á voz de extra! extra! repartiu os periódicos a saída da escola.



Traballo colaborativo,

traballo en equipo!

aquí as noticias!


Pequen@s contacontos!

 A pequena Paula, sentouse outra vez na "cadeira vermella" para falarnos de instrumentos musicais e sons. 


Autora e ilustradora: Marion Billet


Graciñas Paula!


xoves, 19 de maio de 2022

17M Día das Letras Galegas - I parte -

 

Nesta semana, conmemoramos este día tan especial con unha morea de actividades! 

O alumnado de 5º curso, foi o encargado de decorar a pizarra da "Casiña de Faiuco". 






O grupo de mixto de 1º e 2º, elaboraron un libro sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. 




Os nenos e nenas de 3 anos, tamén fixeron o seu propio libro do homenaxeado! Localizaron o lugar de nacemento, algunhas das súas obras...




E ademais participaron nunha actividade conxunta co resto do alumnado de infantil.
Traballaron o poema de Florencio Delgado "A traxedia dos castiñeiros", aproveitando que no noso PDI "O bosque de Faiuco", investigamos sobre estas árbores.


A traxedia dos castiñeiros, o castiñeiro morto
Retorto castiñeiro, outrora san e forte,
atópaste ferido do machado da morte;
as túas folliñas, murchas, van caíndo no chan,
oh tristura dunha a´rbore despíndose no verán!
                                  (Bebedeira, 1934)


A partir da letra do poema, crearon móbiles para decorar a entrada do cole, feitos con paus e folliñas nas que escribiron palabras para "curar" ao pobre árbore: choiva, trebón, orballo...
Unha chea de palabras que ten a nosa lingua para chamar ás distintas formas de chover!




Poucas son as imaxes que se conservan de Florencio Delgado, porén en 6º curso, dedicáronlle unha clase centrados no mundo das caricaturas. Coñeceron referentes, estilos, repararon nos detalles. E este foi o resultado!




E as actividades seguen!



domingo, 8 de maio de 2022

Infantil na cociña!

 

Agora tocoulles aos pequen@s do cole facer a súa proposta de 

Merendas saudables

Puxéronse mans a obra con moito entusiasmo! "Brocheta de froitas" para todo o cole! Moi, moi apetitosas!



 

Xenial!

   

luns, 2 de maio de 2022

Contacontos en famila

 Temos moitísima sorte en Infantil! Seguimos contando con familias que veñen a compartir tempo con nós! 

Escola e familia, xuntos na formación de futuros lectores! 

Sen dúbida, o noso trasno atópase feliz de contar con vós e nosos peques, encantadísimos!

En 5 anos, visitounos Sonia, a nai de Marcos. Contoulles dous contos estupendos!





Autora: Silvia Penide
Ilustrador: Emilio Uberuaga


Autora: Mariana Pérez-Duarte
Ilustradora: Estrada Laura

Tamén compartiu o seu tempo con nós Ana, a nai de Hugo.





Autor: Armando Quintero Laplume
Ilustrador: Marco Somá


E por último, acompañounos Sheila, a nai de Xoel da aula de 3 anos. Leulles "El mundo de Nemo" de Walt Disney.




Moitísimas grazas 
pola vosa visita!



sábado, 23 de abril de 2022

Contacontos en familia

 Para conmemorar a semana do libro os nenos e nenas de 3 anos tiveron a visita de Elisabet, a nai de Leire que lles contou dous contos para explorar emocións e reflexionar. Moi divertidos!




Autora: Rachel Bright
Ilustrador: Chris Chatterton




En 5 anos, tiveron tamén unha visita! Nesta ocasión, a de roberto, o pai de Uxía. Contoulles o conto de Mariluz, la avestruz. 
Encantoulles!
.







Autora: Rachel Chaundler
Ilustrador: Bernardo Carvalho


Moitísimas grazas aos dous!
Nosos nenos e nenas felices de contar 
con tantas visitas!

martes, 19 de abril de 2022

Contacontos en familia

 Continúan as sesións de "Contacontos en Familia"

Tivemos a sorte que compartiran tempo con nós

Pili, a nai de Ángel da aula de 4 anos.




María, a nai de Martiño, tamén da aula de 4 anos.




E a nai de Uxía da aula de 5 anos.






Estos son os libros que nos contaron!



Autor: Jaime Copons
Ilustrador: Gusti




Autora: Paula Carbonell
Ilustración: Chené Gómez




Autora: Susan Isern
Ilustración: Marjorie Pouchert


Moitísimas grazas ás tres!



luns, 4 de abril de 2022

Contacontos en familia

 Hoxe tivemos a primeira sesión de contacontos en familia!

Visitounos Susana, a nai de Aroa, que escolleu o conto "Ojos de agua". 








Encantounos, moitas grazas polo teu tempo Susana!



Autora e ilustradora: 
Eva Rodríguez Ruíz


2A Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo


En 5 anos, conmemoraron este día co conto "Catro esquinitas de nada" que lles serviu para entender que é iso da empatía e que significa ser diferente. Decatáronse de que as cousas máis bonitas son diferentes. Cantas cores distintas ten o arco da vella? Gustaríanos tanto se fose só dunha cor?





Chegaron á conclusión de que como as cores do arco da vella: 

a beleza está na diferenza!



Autor: Jèróme Ruillier





domingo, 3 de abril de 2022

Pequen@s contacontos!


Continuamos con este pequeno proxecto que ten o conto como estratexia para o desenvolvemento da linguaxe oral.
E como xa sabedes, ao alumnado de Infantil gústalle moito contar historias na "cadeira vermella"!


En 3 anos, Paula contounos o conto "Voy a comedte"



Autor: Jean-Marc Derouen
Ilustrador: Laure du Faüy



En 4 anos, Sara renarrounos... 



Autor. Ilan Brenman
Ilustrador: Ionit Zilberman




E por último, escoitamos un anaco da historia que contounos Luz de 5 anos!


Autor: Xerardo Quintiá
Ilustrador: Maurizio A. C. Quarello


Que ben o fixeron os tres!