Amosando publicacións coa etiqueta 2A Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2A Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de maio de 2022

2A Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo - II parte -


Como anunciáramos, ao longo do mes, seguimos traballamos con distintas actividades e dinámicas a concienciación sobre o autismo.

 







E culminamos o día venres 29 de abril cunha moi interesante visita á cal lle  preguntamos todas as nosas dúbidas.






Rematamos así este mes, no cal Aprendimos a importancia da inclusión e a necesidade de respectar, comprender e valorar as diferenzas. 


   



xoves, 7 de abril de 2022

2A Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo - I parte -

 Con distintas actividades ao longo do mes de abril, nas nosas aulas traballaremos a concienciación sobre o autismo seguindo a campaña da Federación Española de Autismo:




Teranse en conta os coñecementos previos do alumnado, faranse distintas tarefas de investigación, visionado de vídeos, lectura de libros e exposicións.

Os nenos e as nenas de 3 anos, coñeceron cousas sobre o autismo que lles contou "Caillou" e debuxaron aquelas cousas que lles fan felices. 






En Educación Primaria, dende as sesións de Competencia Emocional, fixeron unha "Choiva de ideas" sobre o autismo e logo visionaron o vídeo "Suceden Cosas Asombrosas (Entendiendo el Autismo)" e poideron comparar o que sabían e o que é en realidade. Así comprenderon que o autismo é Unha forma única de ver o mundo. 




E así, pasiño a pasiño, o noso mural vai medrando e nós imos entendendo que hai persoas con capacidades diferentes e que hai que comprendelas, coidalas e incluílas.










 Seguiremos avanzando!

  


luns, 4 de abril de 2022

2A Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo


En 5 anos, conmemoraron este día co conto "Catro esquinitas de nada" que lles serviu para entender que é iso da empatía e que significa ser diferente. Decatáronse de que as cousas máis bonitas son diferentes. Cantas cores distintas ten o arco da vella? Gustaríanos tanto se fose só dunha cor?





Chegaron á conclusión de que como as cores do arco da vella: 

a beleza está na diferenza!



Autor: Jèróme Ruillier