Amosando publicacións coa etiqueta Competencia emocional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia emocional. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de decembro de 2023

Traballo en equipo!

 

Os nenos e nenas de 2º curso, no ámbito da competencia emocional, aprenderon a vencer o aburrimento.

Ideas e propostas surxiron logo de momentos de reflexión onde descubriron como combatir e superar esta emoción, a veces molesta.

Pois foron capaces de recoñecer que a imaxinación é moi importante, que permítenos crear e mirar pequenas cousas que a veces pasan desapercibidas.

Entón, o aburrimento é tan negativo? 

Despois de lecturas, reflexión, postas en común decidimos poñer mans á obra!

Foron de compras ao Polo Creativo e mercaron distintos materiais e cousiñas que non se utilizaban. Logo fixeron en grupo vistosos collages e inventaron Historias moi divertidas:







Compartíronas co resto dos grupos e proximamente serán expostas no corredor da escola. 






Enhoraboa pequen@s artistas!


venres, 17 de marzo de 2023

Competencia Emocional

 

- traballo en equipo, traballo colaborativo -

 

O obxectivo desta actividade é potenciar o desenvolvemento de factores de sociabilización estimulando las habilidades de comunicación verbal: expoñer, escoitar, dialogar, negociar, tomar decisións por consenso.

Comezamos cun torbellino de ideas sobre que é o traballo colaborativo. Establécense os aspectos que hai que considerar para traballar en equipo. 




Se presenta a actividade "deseño de camisetas" e formamos os grupos. Iníciase o traballo!







Establécense os roles: modelo, presentador e fotógrafo.  

empeza a función!


 
 
 






Todas os deseños son plausibles!

Enhoraboa por tanto traballo!


luns, 2 de maio de 2022

2A Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo - II parte -


Como anunciáramos, ao longo do mes, seguimos traballamos con distintas actividades e dinámicas a concienciación sobre o autismo.

 







E culminamos o día venres 29 de abril cunha moi interesante visita á cal lle  preguntamos todas as nosas dúbidas.






Rematamos así este mes, no cal Aprendimos a importancia da inclusión e a necesidade de respectar, comprender e valorar as diferenzas. 


   



xoves, 7 de abril de 2022

2A Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo - I parte -

 Con distintas actividades ao longo do mes de abril, nas nosas aulas traballaremos a concienciación sobre o autismo seguindo a campaña da Federación Española de Autismo:




Teranse en conta os coñecementos previos do alumnado, faranse distintas tarefas de investigación, visionado de vídeos, lectura de libros e exposicións.

Os nenos e as nenas de 3 anos, coñeceron cousas sobre o autismo que lles contou "Caillou" e debuxaron aquelas cousas que lles fan felices. 






En Educación Primaria, dende as sesións de Competencia Emocional, fixeron unha "Choiva de ideas" sobre o autismo e logo visionaron o vídeo "Suceden Cosas Asombrosas (Entendiendo el Autismo)" e poideron comparar o que sabían e o que é en realidade. Así comprenderon que o autismo é Unha forma única de ver o mundo. 




E así, pasiño a pasiño, o noso mural vai medrando e nós imos entendendo que hai persoas con capacidades diferentes e que hai que comprendelas, coidalas e incluílas.










 Seguiremos avanzando!

  


martes, 15 de marzo de 2022

Competencia emocional


Nas relacións con outras persoas, levámonos mellor cunhas que con outras e só a algunhas as consideramos "amigas".
O obxectivo desta actividade, levada a cabo polos grupos mixtos de 1º/2º e 3º/4º, é valorar a importancia da amizade e reflexionar sobre as nosas propias accións. 










 No grupo de 5º tras a lectura e reflexión do conto "O cerebro" do libro "Creo en ti" de Anna Morató García, traballaron estratexias para desenvolver o pensamento crítico e aprender a pensar por si mesmos.