Amosando publicacións coa etiqueta Saúde e benestar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saúde e benestar. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de decembro de 2022

I Carreira Solidaria "San Faiuquiño"


O Departamento de Educación Física da escola, dentro do Proxecto de vida Activa e Deportiva do centro, organiza a "I Carreira Solidaria San Faiuquiño" en colaboración co @concellodebegonte, co Clube de Atletismo Corre por Begonte e coa asociación deportiva "Rego de Lobo".






FAiuco anímavos a participar!






mércores, 11 de maio de 2022



Fai uns días recibimos a visita de @tyler_kalinoski24 e @jordan_sakho , acompañados polo director da Fundación Breogán
@jordan_sakho, compartiron con nós unha agradable experiencia. 

Dentro do noso proxecto, e seguindo o ODS 3, "Benestar e saúde", nosos particulares "periodistas" realizaron numerosas preguntas relacionadas cos coidados dun deportista: alimentación saudable, descanso, exercicio físico...

Toda unha experiencia compartida para noso alumnado!





Moitísimas grazas!
  



domingo, 8 de maio de 2022

Infantil na cociña!

 

Agora tocoulles aos pequen@s do cole facer a súa proposta de 

Merendas saudables

Puxéronse mans a obra con moito entusiasmo! "Brocheta de froitas" para todo o cole! Moi, moi apetitosas!



 

Xenial!

   

domingo, 6 de marzo de 2022

A expresión a través da arte II


O alumnado de 5º e 6º culmina o proceso de descubrimento da propia individualidade a través da expresión artística cunha exposición das súas propias obras. 




Exposición lista!



Parabéns polo voso traballo!


mércores, 26 de xaneiro de 2022

Vacío

 

En los grupos mixtos de 1º e 2º e 3º e 4º, traballamos a competencia emocional co libro VACÍO de Anna LLenas. Coñecemos a Julia...




e comprendemos que todas as persoas vivimos situacións que a veces nos entristecen pero, que sucede cando sentimos esa sensación de vacío e nos invade a tristeza? Recoñecemos emocións e valoramos distintas maneiras de Xestionalas.


Julia, xestionando as súas emocións con momentos de calma.

E nós, podemos gozar dun día de praia, comer unha rica mazá baixo unha árbore, compartir xogos, mirar as estrelas... pintamos os nosos propios tapóns...




Tapamos os vacíos e quedaron así de bonitos!





seguiremos traballando con Julia!


Educación Emocional e Habilidades Sociais

 Dentro do Proxecto Documental Integrado e tendo en conta o OSD 3 Saúde e benestar, seguimos avanzando no desenvolvemto emocional do noso alumnado. "Coñecernos máis a nós mesmos e aos demais para potenciar a nosa autoestima e mellorar a convivencia".




mércores, 22 de decembro de 2021

A cociña de Faiuco nunha xornada de festa!

No peche do trimestre, os nenos e nenas de 1º e 2º seguiron entusiasmados coa arte da cociña! 




Compartiron as súas receitas...




E Así aprenderon as vantaxes dunha alimentación saudable!


domingo, 19 de decembro de 2021

A expresión a través da arte I


Partindo do libro da biografía e das obras de Jean Michael Basquiat, o alumnado de 5º e 6º inician un percorrido de descubrimento da expresión creativa a través das emocións.



xoves, 2 de decembro de 2021

Por unha alimentación sa!


A partir do luns 13 de decembro comezamos co "Día da froita". 



Os luns e mércores traeremos para a merenda, unha froita!
conscientes de promover xunto ás familias os hábitos
 saudables, iniciamos esta nova campaña.
 



martes, 30 de novembro de 2021

O meu corpo é meu, eu decido

Hoxe o alumnado de 5º e 6º curso de EP, compartiu unha charla sobre educación sexual e afectiva. 



Día internacional da loita contra os Trastornos da Conduta Alimentaria (TAC)

O 30 de novembro, celébrase o Día internacional da loita contra os trastornos da conduta alimentaria (TAC) que se identifica baixo o símbolo dun lazo azul. 

Esta proposta, pretende visibilizar a importancia da prevención e detección precoz deste tipo de alteracións alimentarias e escapar dos prexuízos sociais que, de maneira frecuente, rodean a estas enfermidades. 

Na infancia adquírense moitos dos hábitos que nos acompañarán toda a vida, isto fai que a escola sexa uns dos contextos fundamentais para realizar actividades dirixidas a potenciar hábitos saudables, de alimentación e nutrición. 




xoves, 18 de novembro de 2021

Obradoiro de habilidades sociais


 Neste mes, o alumnado de 1º, 2º, 3º, e 4º de educación primaria participará de obradoiros de habilidades sociais e emocionais desenvolvido polo servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación Concellos de Begonte, Friol, Outeiro de Rei e Rábade. Sen dúbida gozaron moito coa primeira experiencia!