A partir do luns 13 de decembro comezamos co "Día da froita".
Os luns e mércores traeremos para a merenda, unha froita!
conscientes de promover xunto ás familias os hábitos
saudables, iniciamos esta nova campaña.
O 30 de novembro, celébrase o Día internacional da loita contra os trastornos da conduta alimentaria (TAC) que se identifica baixo o símbolo dun lazo azul. Esta proposta, pretende visibilizar a importancia da prevención e detección precoz deste tipo de alteracións alimentarias e escapar dos prexuízos sociais que, de maneira frecuente, rodean a estas enfermidades.
Na infancia adquírense moitos dos hábitos que nos acompañarán toda a vida, isto fai que a escola sexa uns dos contextos fundamentais para realizar actividades dirixidas a potenciar hábitos saudables, de alimentación e nutrición.