Amosando publicacións coa etiqueta Propostas de Faiuco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Propostas de Faiuco. Amosar todas as publicacións

domingo, 24 de abril de 2022

Na cociña!


 Seguimos coa proposta!

Merendas saudables

O grupo de 1º e 2º, moi entusiasmado dedicouse a repostería! O "Libro de receitas" segue medrando!




          

luns, 4 de abril de 2022

Cadea brincadeiras

 



Pero que brincadeiras máis bonitas!
Xián e Sabela cóntannos un trabalinguas! 







E Serafín, cántanos un anaquiño de "Cocorito".  



Bravísimo aos tres!


Para que sexa máis fácil, lembramos os xa nominad@s:

Infantil

3 anos: Leire, Bruno, Paula e Sergio

4 anos: Sofía, Pablo, Sara, Serafín, Xoel, Ángel, Naila, Matías, Erea..

5 anos:  Ainoa, Ainara, Uxía, Lucas, Naila, Xián, Luz e Hugo.

De 1º/2º: Mateo, Yaiza, Yoana, Yasmina, Gael, brenda e Nico. 

De 3º/4º: Aroa, Andrea, Iria, Gabi, Dani, Erik, Aitor, Alén, Iris, Sabela, alex e Kevin.

De 5º: Hugo, Elenna, Aron Otero, Karla, Julia, Yeray , Rodrigo Carrasco, Arón Vega e Rodrigo Corredoira.

De 6º: Noa, Pierina, Ellie, Abrahan, Aldán, Nico, Iber, Marta, Daniela, Alex Tato e Brais.

Profesor@s: Eli, Tena, Mariola, María, María Teacher, Álvaro, Alba, Tomás, Edita, Guiomar, Aneli, Serafín, Sandra, Rocío, Andrea e Carla.

Noe e Elizabet, as nosas coidadoras; Raúl e Motse, cociñeiro e cociñeira do noso cole.




xoves, 31 de marzo de 2022

"Cadea de brincadeiras"





Pois isto é un sen parar! Faiuco está feliz con tantas 
brincadeiras!
 
Aldán le a brincadeira "O meu país", a mar de ben!



 
 
 
 
 
 
Nico de 2º, cóntanos curiosidades do seu animal favorito!
 
 


E por última, Elenna recítanos un poema!




Que ben o fixeron tod@s!


Para que sexa máis fácil, lembramos os xa nominad@s:

Infantil: Leire, Sofía, Bruno, Paula, Ainoa, Ainara, Uxía, Pablo, Sara de 4 anos, Serafín, Lucas, Naila, Xian, Xoel, ángel, Naila e Xián. 

De 1º/2º: Mateo, Yaiza, Yoana, Yasmina, Gael, brenda e Nico. 

De 3º/4º: Aroa, Andrea, Iria, Gabi, Dani, Erik, Aitor, Alén, Iris, Sabela, alex e Kevin.

De 5º: Hugo, Elenna, Aron Otero, Karla, Julia, Yeray , Rodrigo Carrasco, Arón Vega e Rodrigo Corredoira.

De 6º: Noa, Pierina, Ellie, Abrahan, Aldán, Nico, Iber, Marta, Daniela, Alex Tato e Brais.

Profesor@s: Eli, Tena, Mariola, María, María Teacher, Álvaro, Alba, Tomás, Edita, Guiomar, Aneli, Serafín, Sandra, Rocío, Andrea e Carla.

Noe e Elizabet, as nosas coidadoras; Raúl e Motse, cociñeiro e cociñeira do noso cole.



martes, 29 de marzo de 2022

Cadea de brincadeiras


 


A cadea de brincadeiras, segue rulando entre a comunidade do noso cole! Escoitemos a Pablo e a Yeray!




Que formiguiñas traviesas!



Ups! Vaia trabalinguas máis complexo e que ben dito está!

Parabéns aos dous!

Para que sexa máis fácil, lembramos os xa nominad@s:

Infantil: Leire, Sofía, Bruno, Paula, Ainoa, Ainara, Uxía, Pablo, Sara de 4 anos, Serafín, Lucas, Naila, Xian, Xoel, ángel e Naila. 

De 1º/2º: Mateo, Yaiza, Yoana, Yasmina, Gael, brenda e Nico. 

De 3º/4º: Aroa, Andrea, Iria, Gabi, Dani, Erik, Aitor, Alén, Iris, Sabela, alex e Kevin.

De 5º: Hugo, Elenna, Aron Otero, Karla, Julia, Yeray , Rodrigo Carrasco, Arón Vega e Rodrigo Corredoira.

De 6º: Noa, Pierina, Ellie, Abrahan, Aldán, Nico, Iber, Marta, Daniela, Alex Tato e Brais.

Profesor@s: Eli, Tena, Mariola, María, María Teacher, Álvaro, Alba, Tomás, Edita, Guiomar, Aneli, Serafín, Sandra, Rocío, Andrea e Carla.

Noe e Elizabet, as nosas coidadoras,  e Raúl, o noso cociñeiro.


xoves, 17 de marzo de 2022

Nova proposta!

 

Poñemos en marcha a actividade de

 "Merendas saudables"

AProveitando que andiveron a investigar o carballo, os nenos e nenas de 5º, fixeron galletas coa forma da súa folla para convidar a todo o colexio. Como ulía de delicioso!
 



  


domingo, 13 de marzo de 2022

"Cadea de brincadeiras"



Avanza a "cadea de brincadeiras", nesta ocasión, con Mateo y Dani de 1º e 4º de EP. Dous irmáns moi coordinados!





Moitísimas grazas Mateo e Dani!


xoves, 10 de marzo de 2022

"Cadeas de brincadeiras"

 



Seguimos avanzando! Que sorpresa ao recibir os vídeos de Karla e Aron! 




Moitas grazas aos dous!

E lembrade que para ver todos os vídeos, podedes poñer "cadea de brincadeiras" no buscador do blog.


mércores, 9 de marzo de 2022

"Cadea de brincadeiras"




Vaia sorte a de Faiuco! no noso cole temos unhas familias super molonas! Andrea de 3º e o seu pai Pablo sumáronse a cadea con moito entusiasmo!




Que ben o fixeron!
Graciñas aos dous!

            

luns, 7 de marzo de 2022

"Cadea de brincadeiras"

 



Faiuco feliz! A cadea segue avanzando e por partida doble!  Un grupo de chicas moi, moi divertidas e entregadas!




Graciñas a Noa, a Yasmina e as súas nais!


martes, 15 de febreiro de 2022

NA BUSCA DA PERSONAXE DO ENTROIDO BEGONTÉS

 


Fainos moita ilusión presentarvos a toda a comunidade educativa este pequeno proxecto que nos ocupa de cara ao Entroido. E precisamos da axuda de todos vós.

Como sabedes, moitos entroidos galegos teñen unha personaxe de referencia. os cigarróns de Verín ou os volantes de Chantada son dous bos exemplos. ben, pois xa é hora de que Begonte teña a súa personaxe. 

Neste padlet encontraredes máis información sobre o noso proxecto e iredes vendo como vai medrando pouco a pouco en cada nivel educativo. Esperamos que vos guste!


Clicade na máscara!



domingo, 12 de decembro de 2021

A biblioteca que imaxino

 Xa queda pouco para inagurar a nosa nova biblioteca! A volta das vacacións gozaremos das novas instalacións. 

Os nenos e nenas de noso cole a imaxinaron cunha morea de ideas creativas!


E soñaron a súa biblioteca ideal!



Con pistas e montañas de coches, xoguetes, libros e máis libros!


Esquíos, patos, arañas, flores, contos e un pracer de "gotitas" de chovia!



máis e máis contos, un espazo maker, sofás e ata unha cama para descansar de tanta actividade! noN falta a nosa mascota Faiuco nin o noso amigo Connor ... 




Unha biblioteca verde con variedade de árbores, escaleiras infinitas de libros, robots e bichiños que ordenan contos...




Un espazo para experimentar e descubrir, participar e compartir, indagar e encontrar outras alternativas onde se valore a singularidade de cada lector.


#DíadosDereitosHumanos

 10 de decembro 


Nesta data celébrase o Día dos Dereitos Humanos, coincidindo co aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que se aprobou no ano 1948.

 Que son os dereitos humanos?

Son os dereitos que pertencen a todos os seres humanos sen importar a súa raza, sexo, nacionalidade, lingua, relixión, orixe étnica ou calquera outra condición.

Hoxe en día, existe unha lista de dereitos humanos creada pola Organización das Nacións Unidas (ONU), onde se defende o dereito á vida, á liberdade, á educación, ao traballo e moitos outros máis, que deben ser respectados sen que exista discriminación algunha. Son máis de 30 dereitos!

O lema deste ano 2021, é a igualdade.

A igualdade, a inclusión e a non discriminación son un enfoque do desenvolvemento baseado nos dereitos humanos e é a mellor maneira de reducir as desigualdades cara a consecución dos obxectivos da Axenda 2030.

Trátase de construír sociedades mellores, máis xustas e máis ecolóxicas! Tal como nos conta Faiuco nas súas propostas!

Neste vídeo podes entendelo moito mellor!


E lembra que é responsabilidade de todos e todas, traballar por unha sociedade mellor e para iso podes contribuír achegando a túa opinión e compartíndoa no blog de Faiuco baixo o cancelo #DíadosDereitosHumanos

                         
A túas achegas e ideas tamén contan e axúdannos a facer un mundo moito máis xusto!

martes, 30 de novembro de 2021

Día internacional da loita contra os Trastornos da Conduta Alimentaria (TAC)

O 30 de novembro, celébrase o Día internacional da loita contra os trastornos da conduta alimentaria (TAC) que se identifica baixo o símbolo dun lazo azul. 

Esta proposta, pretende visibilizar a importancia da prevención e detección precoz deste tipo de alteracións alimentarias e escapar dos prexuízos sociais que, de maneira frecuente, rodean a estas enfermidades. 

Na infancia adquírense moitos dos hábitos que nos acompañarán toda a vida, isto fai que a escola sexa uns dos contextos fundamentais para realizar actividades dirixidas a potenciar hábitos saudables, de alimentación e nutrición. 




sábado, 27 de novembro de 2021

Novembro, mes da ciencia


A Toupiciencia. A xanela do maxín.



Neste mes da ciencia, o PORTAL DA LINGUA GALEGA, ofrécenos unha miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. 

Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas. 

A biblioteca de FAIUCO, comparte esta iniciativa. Gozemos da ciencia e os seus coñecementos!