Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de xaneiro de 2025

Nadal

 Xa cos pés no segundo trimestre temos que dar por rematado o Nadal.

Durante estas datas Faiuco estivo moi alterado e sacou o seu lado máis travieso. Cada día, comezábamos a mañá con este trasno facendo das súas e anunciándonos que ía pasar durante o día.

Dende o 9 de decembro ata o 20 de decembro, pasou todo isto:


Tamén houbo rato para visitar a cociña, con motivo do noso proxecto "Oído cociña!" investigamos sobre as sobremesas de Nadal de diferentes países e coñecemos varias receitas, todas moi doces.
😋
 


Aproveitamos que chegara ao polo creativo a cortadora láser e deseñamos unhas bólas de Nadal. Deste xeito os máis pequenos do cole levaron de recordo para a súa árbore unha boliña decorada por eles.

Quedaron moi chulas!! 

😍



 


Tamén houbo, CINE NA BIBLIO 🎦" AQUELLA NAVIDAD" foi a película que escollemos.


E xa para rematar, fixemos entrega dos premios dos concursos feitos nestre primeiro trimestre 😀


 

Poñemos fin ao Nadal!!



mércores, 21 de decembro de 2022

Outras actividades do Nadal!


 
A "Casiña de Faiuco" fixo unha nova proposta de cine para os maiores do cole!

 







Obradoiros de cociña! O caderno de receitas de Faiuco sigue medrando!




A "Árbore dos desexos", palabras que nos convidan a reflexionar. 






Envíamos cartas aos maiores do Centro de Día de Begonte, á Residencia de Campolongo de Pontevedra e agasallos elaborados con material de refugallo á 4º planta do Hospital Quirón de Lugo. 

"Escribir para comunicarnos e visibilizar"

E



Visita do apalpador, contounos historias moi divertidas!




O alumnado e as súas familias compartiron o seu tempo con nós nas súas casas, e fixeron adornos para decorar a nosa escola. utilizaron material de refugallo e a súa imaxinación! 
Os nenos e nenas máis as familias voluntarias decoramos o cole ao longo da semana.





Moítisimas grazas!
e Felices Festas!



martes, 10 de maio de 2016