Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións

sábado, 27 de novembro de 2021

Novembro, mes da ciencia


A Toupiciencia. A xanela do maxín.



Neste mes da ciencia, o PORTAL DA LINGUA GALEGA, ofrécenos unha miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. 

Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas. 

A biblioteca de FAIUCO, comparte esta iniciativa. Gozemos da ciencia e os seus coñecementos!


mércores, 17 de novembro de 2021

xoves, 4 de novembro de 2021

Ciencia e experimentos dende o MHN

 

Dende o Museo de Historia Natural da USC, achégannos unha morea de experimentos e actividades relacionadas coa ciencia. Durante a pandemia aportaron a súa colaboración con obradoiros dirixidos aos nenos e nenas e ás súas familias. 
Neste mes da ciencia o noso cole considera axeitado pólos a disposición das familias e do profesorado.

"investigar, Experimentar, aprender por descubrimento, é unha das metodoloxías didácticas máis axeitadas."


Actividade 1- Os caracois

Actividade 2- Plastilina bideodegradable

Actividade 3- A manzá reveladora de suciedade

Actividade 4- Pintura de mans bideodegradable

Actividade 5- Unha pegada única resolverá o enigma

Actividade 6- Rastreando a natureza


 Hai máis de 30 actividades!! Neste enlace atoparás as restantes:                                     

Obradoiros MHN