Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións

sábado, 27 de novembro de 2021

Novembro, mes da ciencia


A Toupiciencia. A xanela do maxín.



Neste mes da ciencia, o PORTAL DA LINGUA GALEGA, ofrécenos unha miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. 

Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas. 

A biblioteca de FAIUCO, comparte esta iniciativa. Gozemos da ciencia e os seus coñecementos!


Con ilusión!

Actualmente, o noso centro atópase en obras, pero isto non é impedimento para que Faiuco e as biliomóbiles estean con nós cada semana. 
Funcionamento a pleno co traballo de todo o noso equipo da biblio, con ilusión e entusiasmo por seguir transmitendo ao noso alumnado o amor á lectura e o interese polos libros e o coñecemento. 

Así comenzamos...




Establecimos un planning semanal con tarefas para os integrantes do equipo, plantillas de préstamos para o alumnado e para o profesorado, clasificamos os libros en caixas de maneira moi sinxela e o máis operativa posible.

agora xa nos trasladamos ao primeiro andar... 





estarmos a valorar seguir coas bibliomóbiles, aínda cando inaguremos á nosa biblio nova. Failles moita ilusión a visita de Faiuco ás aulas!!
E, sen dúbida, seguimos traballando felices en prol da calidade do ensino do noso alumnado!

domingo, 21 de novembro de 2021

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

 Novas actividades no "Bosque de Faiuco"! 

Para unha visualización máis rápida, clicade en actividades e logo xa sae o índice cos distintos títulos.

As últimas actividades:

  • Risas con sabor a outono! (6º de primaria)
  • Nos bosques galegos (6º de Infantil)
  • Tesouros outonais (1º e 2º de primaria)
  • Xabaril corazón (6º de infantil)

Moi entretidos!

Na clase de cinco anos inaguraron a súa biblioteca de aula. Xa teñen o seu recunchiño para gozar da maxia dos contos! 


xoves, 18 de novembro de 2021

Obradoiro de habilidades sociais


 Neste mes, o alumnado de 1º, 2º, 3º, e 4º de educación primaria participará de obradoiros de habilidades sociais e emocionais desenvolvido polo servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación Concellos de Begonte, Friol, Outeiro de Rei e Rábade. Sen dúbida gozaron moito coa primeira experiencia!






mércores, 17 de novembro de 2021

sábado, 13 de novembro de 2021

Ciencia, xogo e creación


No mes da ciencia, o noso alumnado sigue experimentando e descubrendo novas aprendizaxes!

En 5º Infantil, uns poucos ingredientes...




en 1º e 2º de primaira, como funciona o aparato respiratorio?




todos uns expertos e unhas expertas!

xoves, 31 de xaneiro de 2019

Que ben o pasamos na Prehistoria!


Durante o primeiro trimestre, o noso amigo Faiuco viaxou nada máis e nada menos que ata a Prehistoria, utilizando a súa incrible máquina do tempo. Canto aprendimos grazas ás súas aventuras! Agora contounos que é o momento de seguir percorrendo a liña do tempo e para iso vixaría de novo na súa máquina. A onde irá desta vez a nosa querida mascota da biblioteca?

martes, 13 de decembro de 2016

Recibimos a visita do Clube Deportivo Lugo!



Hoxe, recibimos na biblioteca do cole a visita do porteiro do Clube Deportivo Lugo, José Juan, e de Diego, un dos seus adestradores.

venres, 25 de novembro de 2016

Compartindo o aprendido!



Despois de varias semanas investigando sobre o Sistema Solar, os nenos e nenas do colexio xuntáronse nun marco incomparable para compartir os seus coñecementos.

luns, 3 de outubro de 2016

Debuxando o Sistema Solar!


Os nenos e nenas de terceiro curso de Primaria fan unha nova aportanción ao proxecto Faiuco é Astronauta. Mudáronse ao polideportivo do colexio na clase de Ciencias Sociais para amosarnos unha divertida maneira de aprender os planetas do Sistema Solar e a órbita que segue cada un.

mércores, 15 de xuño de 2016

A Biblioteca do cole xa é un fermoso planetario!


Despois de varios meses de duro traballo, conseguímolo! Completamos outra das misións que nos encargou Faiuco dende o espazo: a transformación da biblioteca do noso cole nun auténtico planetario.