Amosando publicacións coa etiqueta os planetas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta os planetas. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de marzo de 2017

Recibimos a visita dun astrónomo!


O pasado día 2 tivemos a honra de recibir na nosa biblioteca a visita de Pedro Pablo Campo, astrónomo e investigador do Observatorio Astronómico Ramón María Aller de Santiago de Compostela.

luns, 3 de outubro de 2016

Debuxando o Sistema Solar!


Os nenos e nenas de terceiro curso de Primaria fan unha nova aportanción ao proxecto Faiuco é Astronauta. Mudáronse ao polideportivo do colexio na clase de Ciencias Sociais para amosarnos unha divertida maneira de aprender os planetas do Sistema Solar e a órbita que segue cada un.

mércores, 15 de xuño de 2016

A Biblioteca do cole xa é un fermoso planetario!


Despois de varios meses de duro traballo, conseguímolo! Completamos outra das misións que nos encargou Faiuco dende o espazo: a transformación da biblioteca do noso cole nun auténtico planetario.

Investigamos o Sistema Solar!


Fai un tempo chegounos unha carta de Faiuco. Nela propúxonos a misión de investigar por cursos algúns dos elementos máis importantes do noso sistema solar, como os planetas, o Sol, a Lúa... ademais de organizar unha exposición para compartir a información con todos os compañeiros e compañeiras do cole. Así que puxémonos mans á obra. Dito e feito!

martes, 14 de xuño de 2016

Aprendemos polígonos a través das constelacións!


Que mellor forma de coñecer os polígonos na clase de matemáticas que facelo a través das formas das estrelas no universo! Así pensaron os alumnos de 3º e 4º de Primaria, decididos a aprender matemáticas dun xeito diferente e aportando outro pequeno grao de area ao proxecto documental integrado que estamos a levar a cabo dende a biblioteca escolar: "Faiuco é astronauta".

"Os Planetas" de Gustav Holst (Flipped Classroom)


Dende a materia de Música tamén  se fan achegas ao proxecto documental integrado que estamos a levar a cabo no cole: "Faiuco é astronauta". Así, os nenos e nenas de 5º e 6º curso de Educación Primaria traballaron unha das obras máis coñecidas do compositor británico Gustav Holst: "The Planets", e fixérono a través dunha pedagoxía moi innovadora, a coñecida como Flipped Classroom.

mércores, 25 de maio de 2016

Portadas espaciais!


Os nenos e nenas de Educación Infantil elaboraron un libro cunha recompilación dos traballos realizados ao longo do primeiro trimestre. Á hora de elaborar as súas portadas quixeron contribuir ao Proxecto Documental Integrado deste ano: Faiuco é astronauta.


martes, 24 de maio de 2016

Construimos a nave espacial de Faiuco!


Seguimos enriquecendo o noso Proxecto Documental Integrado "Faiuco é astronauta" con novas investigacións. Os nenos e nenas de terceiro e cuarto curso de Primaria levamos a cabo a construcción dunha réplica autopropulsada da nave que está a empregar Faiuco na súa viaxe polo espazo.

Letras Galegas 2016


Durante a semana pasada levamos a cabo numerosas actividades no centro para conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas, adicado neste ano 2016 ao gran escritor da Terra Chá, Manuel María.

martes, 10 de maio de 2016

Experimentando coas órbitas!


Seguimos traballando no noso Proxecto Documental Integrado: Faiuco é Astronauta. Esta vez, dende a área de Ciencias Sociais fixemos un interesante experimento.

venres, 6 de maio de 2016