Amosando publicacións coa etiqueta Faiuco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Faiuco. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de novembro de 2021

xoves, 1 de novembro de 2018

mércores, 10 de xaneiro de 2018

Premio para Faiuco é astronauta!


No CEIP Virxe do Corpiño estamos de noraboa, xa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de concedernos un premio polo Proxecto Documental Integrado "Faiuco é Astronauta", no marco do Concurso de Traballos por Proxectos realizados dende a Biblioteca Escolar.

martes, 7 de marzo de 2017

Recibimos a visita dun astrónomo!


O pasado día 2 tivemos a honra de recibir na nosa biblioteca a visita de Pedro Pablo Campo, astrónomo e investigador do Observatorio Astronómico Ramón María Aller de Santiago de Compostela.

luns, 12 de decembro de 2016

Faiuco sae no periódico!


O pasado 12 de decembro, o periódico local "El Progreso" publicou unha ampla reportaxe sobre o Proxecto Documental Integrado "Faiuco é Astronauta" no que se abordan todas as actividades realizadas en relación coa aventura espacial da nosa mascota da biblioteca.

xoves, 1 de decembro de 2016

O Día da Biblioteca!


Despois de recibir a invitación dende o espazo do noso amigo Faiuco, o pasado 24 de outubro, acudimos á biblioteca, para conmemorar "O Día das Bibliotecas Escolares".

mércores, 15 de xuño de 2016

A Biblioteca do cole xa é un fermoso planetario!


Despois de varios meses de duro traballo, conseguímolo! Completamos outra das misións que nos encargou Faiuco dende o espazo: a transformación da biblioteca do noso cole nun auténtico planetario.

Investigamos o Sistema Solar!


Fai un tempo chegounos unha carta de Faiuco. Nela propúxonos a misión de investigar por cursos algúns dos elementos máis importantes do noso sistema solar, como os planetas, o Sol, a Lúa... ademais de organizar unha exposición para compartir a información con todos os compañeiros e compañeiras do cole. Así que puxémonos mans á obra. Dito e feito!

martes, 14 de xuño de 2016

Aprendemos polígonos a través das constelacións!


Que mellor forma de coñecer os polígonos na clase de matemáticas que facelo a través das formas das estrelas no universo! Así pensaron os alumnos de 3º e 4º de Primaria, decididos a aprender matemáticas dun xeito diferente e aportando outro pequeno grao de area ao proxecto documental integrado que estamos a levar a cabo dende a biblioteca escolar: "Faiuco é astronauta".

venres, 3 de xuño de 2016

Día Internacional da Muller: mulleres astronautas!


O pasado 8 de marzo celebramos no cole o Día Internacional da Muller. Quixemos relacionar a conmemoración co Proxecto Documental Integrado deste ano descubrindo a grande valía das primeiras mulleres que viaxaron ao espazo.

martes, 10 de maio de 2016

Experimentando coas órbitas!


Seguimos traballando no noso Proxecto Documental Integrado: Faiuco é Astronauta. Esta vez, dende a área de Ciencias Sociais fixemos un interesante experimento.

Os nosos pequechos tamén son astronautas!



Na festa de Entroido do cole os nenos e nenas de Educación Infantil quixeron emular a Faiuco e disfrazáronse de astronautas.

venres, 6 de maio de 2016