Dende o Concello de Begonte, charla sobre a xestión do lixo, un pouquiño de repaso, máis a noticia dun punto limpo móbil na nosa contorna.
martes, 14 de decembro de 2021
martes, 30 de novembro de 2021
Día internacional da loita contra os Trastornos da Conduta Alimentaria (TAC)
O 30 de novembro, celébrase o Día internacional da loita contra os trastornos da conduta alimentaria (TAC) que se identifica baixo o símbolo dun lazo azul. Esta proposta, pretende visibilizar a importancia da prevención e detección precoz deste tipo de alteracións alimentarias e escapar dos prexuízos sociais que, de maneira frecuente, rodean a estas enfermidades.
Na infancia adquírense moitos dos hábitos que nos acompañarán toda a vida, isto fai que a escola sexa uns dos contextos fundamentais para realizar actividades dirixidas a potenciar hábitos saudables, de alimentación e nutrición.
sábado, 27 de novembro de 2021
Novembro, mes da ciencia
Neste mes da ciencia, o PORTAL DA LINGUA GALEGA, ofrécenos unha miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un.
Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas.
A biblioteca de FAIUCO, comparte esta iniciativa. Gozemos da ciencia e os seus coñecementos!
mércores, 17 de novembro de 2021
De Houston a Begonte
Seguimos traballando no mes da ciencia!
Obxectivo 3 da axenda 2030, saúde e benestar da man da científica Sonia Villapol.
