Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións. Amosar todas as publicacións

domingo, 5 de xuño de 2022

5 de xuño - Día Mundial do Medio Ambiente -

 Como cada 5 de xuño desde 1979, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, que se converteu na plataforma mundial máis grande para a divulgación pública ambiental que celebran millóns de persoas ano a ano.


Amorodos da nosa horta.
 
 
Dirixido polo o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), este día é unha das datas máis importantes do calendario das Nacións Unidas. Esta organización,  marcou como obxectivo principal deste día a sensibilización ambiental, lograr motivar á poboación mundial a ser parte activa do desenvolvemento sostible e do coidado do noso planeta.
 
O tema central deste ano é  #UNHA SOA TERRA  
 
Preténdese visibilizar a emerxencia que afronta o noso planeta referida ao clima. A aceleración do quecemento global impacta na perda do hábitat de máis dun millón de especies, atopándose en perigo de extinción. 
 
Unido a iso, a contaminación ambiental tamén impacta de maneira negativa no aire, na terra e na auga.  
 
Dende as nosas aulas, intentamos concienciar a noso alumnado da necesidade de coidar a Terra e facer xunt@s que a vida sexa máis sostible. 
 
 
 

 
 
Se queredes saber máis? 
No seguinte enlace encontraredes información. 
 
 
 


domingo, 12 de decembro de 2021

#DíadosDereitosHumanos

 10 de decembro 


Nesta data celébrase o Día dos Dereitos Humanos, coincidindo co aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que se aprobou no ano 1948.

 Que son os dereitos humanos?

Son os dereitos que pertencen a todos os seres humanos sen importar a súa raza, sexo, nacionalidade, lingua, relixión, orixe étnica ou calquera outra condición.

Hoxe en día, existe unha lista de dereitos humanos creada pola Organización das Nacións Unidas (ONU), onde se defende o dereito á vida, á liberdade, á educación, ao traballo e moitos outros máis, que deben ser respectados sen que exista discriminación algunha. Son máis de 30 dereitos!

O lema deste ano 2021, é a igualdade.

A igualdade, a inclusión e a non discriminación son un enfoque do desenvolvemento baseado nos dereitos humanos e é a mellor maneira de reducir as desigualdades cara a consecución dos obxectivos da Axenda 2030.

Trátase de construír sociedades mellores, máis xustas e máis ecolóxicas! Tal como nos conta Faiuco nas súas propostas!

Neste vídeo podes entendelo moito mellor!


E lembra que é responsabilidade de todos e todas, traballar por unha sociedade mellor e para iso podes contribuír achegando a túa opinión e compartíndoa no blog de Faiuco baixo o cancelo #DíadosDereitosHumanos

                         
A túas achegas e ideas tamén contan e axúdannos a facer un mundo moito máis xusto!

sábado, 4 de decembro de 2021

Por unha escola inclusiva

 3 decembro

Conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Xornada de reflexión coa intención de promover a comprensión dos límites das persoas con capacidades diferentes


actividade na aula de 4 anos


actividade na aula de 5º de EP


Xunt@s por unha escola inclusiva!


martes, 30 de novembro de 2021

Día internacional da loita contra os Trastornos da Conduta Alimentaria (TAC)

O 30 de novembro, celébrase o Día internacional da loita contra os trastornos da conduta alimentaria (TAC) que se identifica baixo o símbolo dun lazo azul. 

Esta proposta, pretende visibilizar a importancia da prevención e detección precoz deste tipo de alteracións alimentarias e escapar dos prexuízos sociais que, de maneira frecuente, rodean a estas enfermidades. 

Na infancia adquírense moitos dos hábitos que nos acompañarán toda a vida, isto fai que a escola sexa uns dos contextos fundamentais para realizar actividades dirixidas a potenciar hábitos saudables, de alimentación e nutrición. 




domingo, 28 de novembro de 2021

Contos que contaxian ilusión!

 A fundación ONce, comparte contos con historias divertidas e de superación! Unha maneira de recoñecer as limitacións e dificultades das persoas que teñen algún tipo de discapacidade e promover actitudes empáticas.


Ler en familia, lecturas compartidas!




A biblio de Faiuco, unha biblioteca inclusiva

 3 de decembro 

Día Internacional das Persoas con Discapacidade


Para que serven os días internacionais?




Os días internacionais serven para poñer a disposición das persoas en xeral información sobre cuestións de interese, mobilizar a voluntade política e os recursos para abordar solucións a problemas mundiais e conmemorar e reforzar os logros da humanidade. 

Cal é o obxectivo da conmemoración do 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade?

O obxectivo de conmemorar este día, é promover unha maior comprensión dos dereitos das persoas con discapacidade e mobilizar o apoio á construción dunha sociedade máis inclusiva. Relacionado co obxectivo 10 ODS, da Axenda 2030.




Cal é o lema deste ano?:


O lema deste ano é: 

"Reconstruir mellor: cara a un mundo post COVID-19 inclusivo, accesible e sostible por, para e coas persoas con discapacidade".



Xunt@s por unha escola inclusiva!


domingo, 21 de novembro de 2021

#AmiYodel2030

 20 DE NOVEMBRO  DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

no noso cole, celebramos este día cun traballo de concienciación conxunta sobre a necesidade de coidar a nosa contorna cunha visión de futuro.

Tal como anunciásemos, unímonos a UNICEF España coa elaboración dun manifesto local, feito por noso alumnado logo de xornadas de reflexión e participación.

Estes manifestos están relacionados cos obxectivos da axenda 2030 e con noso Proxecto documental Integrado e así o expresan:




A carta individual



a gravación de 6º de EP



o mural con todas as producións e os debuxos que expresan tamén o sentir dos máis pequerrechos da escola!





Por un futuro mellor!

Concurso obradoiro de cabazas terroríficas

 Enhoraboa aos premiados!





xoves, 4 de novembro de 2021

Novembro, Mes da Ciencia en Galego




Dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o Mes da ciencia en galego nas bibliotecas.
Este ano iníciase co manifesto de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial. A autora salienta que:
 

"... a ciencia é o piar do benestar social e económico, o coñecemento xera persoas e sociedades máis libres e críticas e as bibliotecas son, en parte, as gardas dese coñecemento. Que máis necesitamos para gozalas?"


venres, 29 de outubro de 2021

Día terrorífico!


 

  31 de outubro

O samaín!

 Hoxe, no noso cole,  celébrase unha das festas máis enxebres e tradicionais da cultura galega,. forma parte da tradición da nosa terra e remóntase a época das  poboacións celtas. 
queredes saber máis? Pois cliclade na mochila vermella na revista National Geographic

 

 
co paso dos anos, en distintos lugares do mundo festexan tamén este día de diferentes maneiras.

luns, 18 de outubro de 2021


18 de outubro


O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas e Modernas.

Dende 2016 búscase recuperar e resaltar o legado das escritoras e visibilizar as obras das mulleres na literatura.

A data elixida para a súa celebración, é o luns máis próximo ao 15 de outubro. Data que coincide coa festividade de Santa Teresa de Jesús, patroa dos escritores españois. 

A VI Edición celébrase este ano 2021, o 18 de outubro baixo o lema:

"ler as idades da vida"

Marifé Santiago Bolaños, é a comisaria desta VI Edición. Se queredes descubrir máis autoras e as súas obras, neste apartado atópanse unha morea de mulleres da literatura ao longo da historia:



Dende Bibliotecas Escolares de Galicia, tamén nos achegan unha selección de textos de escritoras galegas:


Por último, Faiuco déixavos un relato contado por unha das nosas autoras máis recoñecidas, Yolanda Castaño.
Non esquezas escoitalo! Punver é un verme moi divertido!